Con motivo da celebración do Día da Paz o próximo xoves 30, levaremos a cabo durante a Semana do 27 ao 31 de xaneiro as seguintes actividades:
- lectura nas horas de titoría de textos seleccionados de "Platero y yo" de JUAN RAMÓN JIMÉNEZ
- elaboración de carteis- exposición temática de fondos
- selección e exposición de frases sobre a paz
- entradas no blog e acto no Salón de actos o xoves 30 ás 12.30 cos grupos de 1º de ESO A-D, 3ºB-D e 4ºD, no que veremos unha presentación informativa sobre esta celebración, un vídeo sobre Nelson Mandela, leremos capítulos de "Platero y yo" e cantaremos unhas cancións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario