Traemos un artigo do novelista e dramaturgo Fernando J. López publicado nunha revista cultural en internet CULTURAMAS, sobre o fomento da lectura e o estudo da literatura nas escolas e institutos.
Un punto para reflexionar...
Podedes ler o artigo aquí en galego ou enlazar co orixinal na páxina:
[Fernando J. López / Culturamas / 10-Sept-2014]
“-Gústavos a literatura? ¿Non vos gusta ler?
-
Ler, sí. Pero a literatura, non.”
Estes
días nos que nos departamentos escolares se planifican as lecturas
obrigatorias-concepto
discutible en sí mesmo: de verdade pódese obrigar
a ler?-, non deixo de pensar nese diálogo de A idade da ira na que se plasma unha conversación real cunha das miñas
alumnas de Bacharelato.
A súas
palabras parecéronme un resumen perfecto da distancia abismal
que atopan os nosos adolescentes entre a pasión lectora e la clase de Lingua e Literatura, donde con 15 y 16 anos se lles
invita -sen anestesia- a inxerir clásicos como A Celestina, O Quijote ou A vida é soño.
Pretender que se emocionen con textos que presentan, ya de por sí,
unha importante barreira lingüística é pouco menos que
imposible, pero o criterio de que a educación debe invitar á lectura dos clásicos fai que se confunda
esa invitación cunha obligatoriedade que so nos leva a perder lectores que xamáis
disfrutarán con ningún deses (maravillosos) títulos.
Claro
que pódense buscar outras fórmulas. Fórmulas
como abandonar o estudo memorístico do feito literario
(enumeracións interminables de rasgos de épocas, biografías
de autores, listados de obras…). Pódese cambiar o criterio
endogámico e abrir as portas da literatura universal (non so na optativa que leva dito nome). Pódese prescindir do eixe cronolóxico e da súa asfixiante linealidade e empezar dende o máis actual ata lo máis lonxano. Pódese apostar por
un criterio temático. Pódese ampliar, dunha vez, o canon e asumir que o século XXI existe e que os seus autores, tamén. Pódese, sí, Pódese contaxiar a pasión pola
literatura se buscamos títulos que apasionen aos alumnos e que consigan que, cando chegue o momento, se acerquen a esas obras
magnas que pretendemos impoñerlles. No seu lugar, empézase un
curso de 3º da ESO (14 anos) con O Lazarillo ou de 2º de Bachillerato (18 aos) coa trepidante
obra de Moratín, O sí das nenas.
Se de verdade queremos que algunha vez se emocionen con O Quixote ou con A Celestina non podemos partir de eles, senon doutros textos que, sendo tamén
de calidade, lles ofrezan universos máis recoñecibles. Máis
próximos. Textos dende os que sintan o impulso de buscar
oturas vías de lenguaxe e de comunicación que acabarán
conducíndolles ás páxinas de Cervantes e de Fernando
de Rojas. E se non fora así, creo que sí se pode vivir
sen ler O Quixote -por
moito que se perda non coñecéndoo-, pero non se pode vivir
sen leer, sen disfrutar de canto a lectura nos ofrece
A LOMCE, sen embargo, no seu marcado afán por destrozar as Artes e as Humanidades (con medidas como o exilio da música, da plástica e de cuanta disciplina creativa se atopa ao seu
paso), tamén decidiu que 2º da ESO é un curso
estupendo para que os nosos alumnos coñezan a literatura medieval e, aos seus 13 anos, se adentren no fascinante mundo de Berceo e das jarchas, entre outras pezas de alto interese xuvenil. Logo nos preguntaremos por qué os quinceañeiros
non len poesía ou por qué non se emocionan cando chega a hora da clase de Literatura, pero a ninguén se lle ocurrirá
pensar que para valorar a aravillosa densidade poética das
jarchas hai que cultivar o sentido poético dos mais mozos dende outro tipo de textos e propostas que sí lles permitan entender por qué non podemos vivir sen versos. Nin sen libros.
Pero
aquí seguimos. Afogados por programas imposibles donde se
pretende que os nosos alumnos vomiten datos que poden encontrar en
cualquer fonte de información, en vez de fomentar o seu espíritu crítico, a súa sensibilidade e a súa pasión lectora. Logo nos sorprenderá que fuxan dos libros ou que miren con desconfianza a quen lles diga que ler é divertido. Por non falar dos profesores -moitos, me consta- que se ven obrigados a facer malabares para combinar o programa oficial co que sinten -sentimos- que realmente deberíamos facer. Co que sabemos que facemos e necesitamos facer.
Entretanto,
continuaremos -currículum oficial en mando- asesinando futuros
lectores, acabando coas súas ganas de adentrarse na ficción literaria gracias a indixestión de alexandrinos,
sonetos renacentistas e novelas picarescas que trae consigo
cada novo curso escolar.
Fernando J Lopez
Ningún comentario:
Publicar un comentario