O termo lingua materna refírese á primeira lingua ou idioma que aprende unha persoa. Chámase "materna" porque é a muller quen a transmite aos fillos. Tamén se refiere á lingua que se coñece mellor no caso dos fillos de pais con idiomas distintos ou no caso de ser unha persoa que coñece moitas linguas. Así como, á lingua adquirida de forma natural sen intervención pedagóxica.
A importancia da lingua materna, explícanos a UNESCO, é unha que merece gran reflexión e atención. En primeiro lugar, as linguas son dunha riqueza cultural incalculable, trátase nada menos que dunha forma única de interpretar a realidade, un ben cultural que conxunta identidade, integración social, comunicación.
Este ano cúmplense 15 años de accións e "estructura de vixilancia operativa" que realiza a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). Ano a ano, dende o 2000, levaron ao tema a distintos aspectos culturais nos que resalta o valor e a atención ás linguas maternas.
Este ano 2015 o tema é A educación inclusiva por medio do idioma – Os idiomas contan. Resulta un tema moi complicado e importante debido ao traballo que se ten por diante: capacitación docente, sensibilización social e integración de materiais educativos de calidade.
Para coñecer máis sobre a lingua materna e a riqueza destes podes visitar o sitio Endangered lenguages, "un proxecto destinado á preservación e documentación de linguas de todo o mundo". En ese sitio se explica que das 7 mil linguas que se falan actualmente se espera que o 50% desaparezan antes do vindeiro século.
Ningún comentario:
Publicar un comentario