23/01/19

ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ 2019

Como todos os cursos o vindeiro 30 de xaneiro conmemoraremos o DÍA DA PAZ.
O equipo da biblioteca preparou unha serie de actividades para traballar o tema:

- CONCURSO DE MICRORRELATOS.

A temática do concurso será A PAZ.
Os textos terán unha extensión máxima de 150 palabras, sen contar o título. O texto será orixinal, inédito e non presentado a ningún outro concurso con anterioridade.
O alumnado entregará o microrrelato que presente a concurso ao seu titor/a que o fará chegar ao equipo da biblioteca. 
O prazo de presentación será entre o mércores 23 ata o 30 de xaneiro.
O xurado do concurso estará composto por un ou dous profesores do equipo da bibliotecca e un alumno/a do grupo de mediadores do centro. 
O fallo farase público o venres 8 de febreiro.
Haberá premios en dúas categorías:
- CATEGORÍA A (1º e 2º ESO). 
- CATEGORÍA B ( 3º, 4º ESO e 1º, 2ºBAC)
Primeiro premio: un libro de valor apoximado de 20€ e un segundo premio: un libro de valor aproximado de 15€, para cada unha das categorías, respectivamente.

- SESIÓNS DE TITORÍAS DE SECUNDARIA:
Nas sesións de titoría da vindeira semana (28-xaneiro ao 1-febreiro), pediráselle ao alumnado que reflexionen sobre a convivencia no instituto para que escriban sobre os seguintes puntos:
- Qué problemas de convivencia observan no centro.
- Qué solucións propoñen para mellorar a convivencia no centro.
- Cómo deberían sancionarse as conductas conflictivas.
Unha vez recollidas as reflexións, farase unha listaxe cos resultados acadados e se comentarán.
Nas sesións de titoría de 1ºESO intentaremos que asista un alumno/a do grupo de mediadores do instituto para informar ao novo alumnado da labor que realizan.

- ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN:
- Colocar en todas as portas das aulas un cartel cun texto alusivo á PAZ.
- Durante os recreos do mércores 30, sonarán no patio interior cancións relativas á PAZ.
- Tamén colgaranse carteis no patio central recordando a celebración.

Ningún comentario:

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER