Miguel Gallardo é un dibuxante e historietista de cómics. E tamén pai dunha filla, María, que cumpriu agora 20 anos, que vive enganchada á música, memoriza listas interminables de nomes, come como unha leona famenta e ven de descubrir que pode dibuxar. Miguel é un pai angustiado polo futuro da súa filla, pero orgulloso do seu presente. Como todos os pais, pero un pouco distinto tamén, porque María é autista. Miguel xa tratou en cómic a relación coa súa filla autista en "María y yo", cando María tiña só 12 anos, polo que recibiu o Premio Nacional de Cómic de Catalunya e foi tamén levada ao cine. Agora en "María cumple 20 años" volve a adicarlle un cómic a vida da súa filla.
Máis info: María faise maior (Artigo en "El País")
Ningún comentario:
Publicar un comentario