Seguimos cunha grande actividade literaria esta semana no IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE", e despois da visita de Fernando Lalana onte, hoxe recibiremos a outro autor de literatura xuvenil, Gonzalo Moure, que falará para o alumnado de 1ºESO. Nacido en Valencia en 1951, estudou Ciencias Políticas en Madrid. Traballou tamén como periodista, guionista e publicista. A súa obra literaria é coñecida por tratar temas de tipo social y de relación entre adolescentes e os seus país. Ten gañados importantes premios como o Gran Angular, o Ala Delta, o Barco de Vapor.
Mais información no seu blogue.
Ningún comentario:
Publicar un comentario