Hoxe unha reflexión...
Mentras esquecemos ou non os dramas humáns que nos conmocionan, a escola debería levalos ás aulas para reflexionar sobre eles. E ainda que esquezamos a nosa historia recente, a que nos queda por escribir non é unha sucesión de relatos inevitables. Educación e conformismo son termos en disputa. A escola debe traballar por un cambio de mentalidade que force a súa vez un cambio nunha realidade que nos disgusta. de outra maneira, estaremos falando sempre dunha escola que esconde dita realidade para facerse cómplice da súas inxusticias.
Un sistema que insiste no seguimento escrupuloso de programacións e libros de texto está negando a forza do presente como materia educativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario