Os vindeiros 20 e 21 de novembro terán lugar en Compostela as VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia organizadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares e a Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa, a través do CAFI.
O programa inclúe unha grande colección de experiencias das bibliotecas escolares galegas como "base de exploracións", que é o lema da campaña deste curso, así como tamén as experiencias de traballos por proxectos e semanas culturais coordinados por elas. A coordinadora do noso equipo de biblioteca Matilde de Cal dará unha desas ponencias baixo o titulo "ABRINDO ESPAZOS, SUMANDO VONTADES". Da que ampliaremos información aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario