O CLIMA ESTÁ A CAMBIAR. A ALIMENTACIÓN E A AGRICULTURA TAMÉN.
Este é o lema deste Día Mundial da Alimentación que se celebra hoxe, como cada 16 de outubro dende 1979, cando foi instaurado pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación (FAO) e dende 1981 decidiu centrarse nun tema cada ano.
| Año | Causa |
|---|---|
| 2016 | El clima está a cambiar. A alimentación e a agricultura tamén |
| 2015 | “Protección social e agricultura para rachar co ciclo da pobreza rural” |
| 2014 | Agricultura Familiar: “Alimentar ao mundo, coidar o planeta” |
| 2013 | Sistemas alimentarios sostibles para a seguridade alimentaria e a nutrición |
| 2012 | As cooperativas agrícolas alimentan ao mundo |
| 2011 | Precios dos alimentos: da crise á estabilidade |
| 2010 | Unidos contra a Fame |
| 2009 | Conseguir a seguridad alimentaria en época de crise |
| 2008 | "A Seguridad Alimentaria Mundial: o desafío del cambio climático e da bioenerxía" |
| 2007 | Dereito á alimentación |
| 2006 | Invertir na agricultura para lograr a seguridade alimentaria |
| 2005 | Agricultura e diálogo de culturas |
| 2004 | A biodiversidade ao servicio da seguridade alimentaria |
| 2003 | Traballar unidos en prol da Alianza Internacional contra a Fame |
| 2002 | A auga: fonte de seguridade alimentaria |
| 2001 | Combatir a fame para reducir a pobreza |
| 2000 | Un milenio sen fame |
| 1999 | A xuventude contra a fame |
| 1998 | A mujer nutre ao mundo |
| 1997 | Invertir na seguridade alimentaria |
| 1996 | Loita contra a fame e a malnutrición |
| 1995 | Alimentos para todos |
| 1994 | A auga xerme de vida |
| 1993 | A diversidade da natureza: un patrimonio valioso |
| 1992 | Alimentación e nutrición |
| 1991 | A árbore, fonte de vida |
| 1990 | Alimentos para o futuro |
| 1989 | Alimentación e medio ambente |
| 1988 | A xuventude rural |
| 1987 | Os pequenos agricultores |
| 1986 | Os pescadores e as súas comunidades |
| 1985 | Pobreza rural |
| 1984 | A muller na agricultura |
| 1983 | A seguridade alimentaria |
| 1982 | A alimentación: dereito prioritario |
| 1981 | A alimentación: dereito prioritario |
A súa finalidade é concienciar ós pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. O Día coincide coa data de fundación da FAO en 1945.
Segundo a FAO, a cifra de famentos no mundo no ano 2008 podía estimarse en case mil millóns de persoas.
[Da páxina oficial da FAO: http://www.fao.org/world-food-day/2016/theme/es/]
O clima está a cambiar. A alimentación e a agricultura tamén
Uno dos maiores problemas relacionados co cambio climático é a seguridade alimentaria. As personas máis pobres do mundo, -moitas das cales son agricultores, pescadores e pastores-, están sendo os máis afectados polas altas temperaturas e o aumento da frecuencia de desastres relacionados co clima.
Ao mesmo tempo, a poboación mundial crece de maneira constante y se espera que chegue a 9 600 millóns de persoas en 2050. Para cubrir unha demanda tan grande, os sistemas agrícolas e alimentarios terán que adaptarse aos efectos adversos do cambio climático y facerse máis resilientes, productivos e sostibles. É a única maneira de que podamos garantizar o benestar dos ecosistemas e da poboación rural e reducir as emisións.
Cultivar alimentos de maneira sostible significa adoptar prácticas que producen máis con menos na mesma superficie da terra e usar os recursos naturais de forma xuiciosa. Significa tamén reducir a perda de alimentos antes da fase do producto final ou venta ao por menor a través dunha serie de iniciativas, que inclúen unha mellor recolección, almacenamento, embalaxe, transporte, infraestructuras e mecanismos de mercado, así como marcos institucionais e legais. Por eso, a nosa mensaxe global para o Día Mundial da Alimentación 2016 é “O clima está a cambiar. A alimentación e a agricultura tamén”.
A mensaxe reflicte o momento crucial no que se produce a celebración, xusto antes da próxima Conferencia sobre o Cambio Climático da ONU, COP 22, do 7 ao 18 de novembro de 2016 en Marrakech, Marrocos.
A FAO fai un chamamento aos países para abordar a alimentación e a agricultura no seus plans de acción climática e invertir máis no desenvolvemento do rural.
Fortalecendo a resilencia dos pequenos agricultores, podemos garantir a seguridade alimentaria dunha poboación do planeta cada vez máis famenta á vez que se reducen as emisións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario