Esta é a presentación preparada pola biblioteca e o alumnado de 4º de ESO sobre o escritor Manuel Lourenzo, e o pasapalabra para comprobar se coñecemos ao autor homenaxeado.
Como comunicamos, a semana dedicada a un escritor galego, que anualmente celebramos en decembro, foi trasladada este ano á semana do 22 ao 26 de xaneiro debido á cantidade de saídas culturais programadas para os últimos días do trimestre. No seu momento publicaremos aquí a presentación e o pasapalabra sobre o autor homenaxeado: MANUEL LOURENZO, no que están traballando o alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC. Hoxe deixamos o horario:
SEMANA DE MANUEL LOURENZO @ BIBLIODIESTE MÉRCORES 24 10.30/11.20 4ºB-Juan Carlos 1ºB-Xulia Sarah+Matilde 12.30/13.20 4º CUCA1ºA-Carlos Eloi+Matilde XOVES 25 9.20/10.10 4ºA- Inma 1º C-Xulia Luisa+Matilde VENRES 26 13.20/14.10 4ºC-Lucía Eloi+Matilde
Actividades: - presentación sobre Manuel Lourenzo - lectura textos de “Electra”, versión de M. Lourenzo - pasapalabra
Como é costume cada mes de decembro*, Bibliodieste adícalle unha semana de homenaxe a algún literato galego. Este curso imos rendirllo a Manuel Lourenzo. Elexímolo por ser principalmente autor de teatro, xénero bastante minoritario nas lecturas obrigatorias ou nos clubes de lectura.
Será na derradeira semana de decembro, antes das vacacións, cando prepararemos actividades sobre a súa obra.