18/01/18

ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ 2018


Para conmemorar o Día da Paz (30 Xaneiro) temos preparadas as seguintes actividades:
- PARA O ALUMNADO DA ESO:
Nas sesións de titoría da semana do 22 ao 26 de xaneiro, pediremos ao alumnado que escriba nun folio "microconflictos" que eles perciben no instituto. Unha vez recollidos, farase unha lista de todos e comentaremolos.
Nas sesións de titoría da semana do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro, pediremoslles "solucións" que eles consideren para evitar estes roces entre compañeiros e mellorar o clima do centro.
Ás sesións de titoría desta semana tentarase que asista un alumno do grupo de mediadores que ten o instituto, para falar sobre o tema e sobre a labor que realizan.
- PARA TODO O ALUMNADO (ESO e BAC):
Convócase un Concurso de "Microrrelatos" sobre o tema da PAZ. Aquí están ás bases do concurso:
1.- Requisitos do texto: a temática do cocncurso será "A PAZ". 
O texto terá unha extensión máxima de 150 palabras, sen contar o título- Será orixinal, inédito e non terá sido presentado a ningún outro concurso con anterioridade.
2- Presentación dos textos: o alumnado entregará o microrrelato que presente a concurso ao seu titor correspondente, quen os fará chegar ás persoas representantes da Biblioteca: Sarah ou Mercedes.
3- Prazo de presentación: o prazo de presentación dos textos comenza o luns 15 e remata o mércores 30 de xaneiro.
4- Resolución do xurado: o xurado estará composto por dous profesores do equipo da Biblioteca e un alumno do grupo de mediadores. O fallo do xurado farase público o venres 9 de febreiro.
5- Premios:
Categoría A (1º e 2ºESO): 
Primeiro premio: un libro por valor apoximado de 20€.
Segundo premio: un libro por valor aproximado de 15€
Categoría B (3º e 4ºESO e BAC):
Primeiro premio: un libro por valor apoximado de 20€.
Segundo premio: un libro por valor aproximado de 15€

Ningún comentario:

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER