Hoxe venres 12 de xaneiro, comenzamos a segunda edición da actividade 'Libros Vivintes', unha iniciativa da Biblioteca Municipal Ágora, na que participamos por segundo ano consecutivo.
A primeira fase realizouse hoxe na nosa biblioteca, o alumnado dos grupos de 4ºESO neste horario:
4ºESO-B ás 9:20, 4ºESO-A ás 10:30 e 4ºESO-c ás 11:20.
Os vindeiros martes 23 e 30 de xaneiro terán lugar a segunda fase no Ágora.
1 comentario:
Para nós é un pracer volver a contar con vós nesta nova edición de Libros Vivintes e seguir camiñando nunha liña de colaboración co IES Rafael Dieste, que iniciamos o pasado curso con este programa.
Agardamos a experiencia resulte tamén este ano satisfactoria para o alumnado de 4º ESO. Esperámosvos o martes 23 e o martes 30 na Biblioteca Ágora!
Apertas,
Publicar un comentario