Co mes de outubro ábrense de novo as portas da Biblioteca do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" a toda a comunidade escolar. Incluímos información relevante para este novo curso:
A
semana cultural 2018-19 terá
lugar do 29 de abril ao 3 de maio de 2019 (de luns a venres, tende en
conta que o mércores 1 de maio é festivo) Están invitados todos os
profesores e departamentos a participar cos grupo/s de alumnos que
decidan e xa estamos recollendo ideas. Esta semana cultural terá
como lema “O CINE”. Quen queira máis información e falar de
como quere participar nela pode falar/escribir a Mercedes Garrote,
Matilde De Cal e Beatriz López-Suevos.
Outras
actividades da biblioteca:
Ademáis da Semana Cultural ao longo do curso hai moitas actividades
desenvolvidas na biblioteca: Mes da biblioteca, a Semana da paz, … Este blog da biblioteca recolle todas estas actividades e informa dos proxectos e actividades
desenvolvidas ao longo do curso.
Adquisicións
de libros e outro material audiovisual para os departamentos:
Disporemos
este curso dun orzamento procedente do PLAMBE (Plan de Mellora de
Bibliotecas Escolares). Este orzamento do PLAMBE destinarase
principalmente ás lecturas obrigatorias dos departamentos.
Catálogo
da biblioteca en rede:
Neste
enlace podedes consultar o catálogo da biblioteca en rede do
instituto: AQUÍ
Hai
tamén unha ligazón aos fondos da biblioteca dende a páxina do blog.
Hora
de ler:
Por
decisión de claustro, imos fortalecer a actividade
de HORA DE LER establecendo por horas e días ese momento de lectura
obrigatoria de lecer, para así pasar por todas as materias e horas
do curso. A actividade é para todos o alumnado da ESO.
A
organización quedaría así:
Cada
trimestre dedicaríanse seis semanas, quedando libres aquelas máis
próximas ás avaliacións. Todos os días de cada unha desas seis
semanas dedicaríanse vinte minutos á actividade:
1ª
semana------ a 1ª hora todos os días da semana (20 primeiros
minutos)
2ª
semana------ a 2ª hora todos os días da semana (20 primeiros
minutos)
3ª
semana------ a 3ª hora todos os días da semana (20 primeiros
minutos)
(Así
sucesivamente ata rematar as seis semanas)
Ao
facelo deste xeito o tempo que cada materia adica para a actividade
queda equilibrada e todo o alumnado da ESO ten a "Hora de ler"
no mesmo momento, polo que se lle da moita visibilidade.
Utilización
da biblioteca para as clases:
O
horario do equipo da biblioteca está no taboleiro da entrada. Para
poder utilizar a biblioteca para alguna actividade nas horas de clase
hai que anotarse con antelación no cadro de horarios de reserva de
aula na Conserxería para non coincidir con outro profesor. En
principio non se pode utilizar a biblioteca nas horas de traballo do
equipo porque temos que ter disponible o ordenador.
Pedimos
tamén que se use a biblioteca nas clases para aquelas actividades
que impliquen a búsqueda de información e a lectura.
Non
se permite ao alumnado estar so na biblioteca. Se un profesor está
facendo a garda e quere ir á biblioteca cun grupo pequeno de alumnos
ten que estar con eles en todo momento.
Mochilas
viaxeiras:
Comezaremos
coas mochilas viaxeiras no primeiro ciclo da ESO en outubro. O
segundo ciclo unha semana despois. Coordinará esta actividade
Beatriz López-Suevos en
colaboración cos titores da ESO.
Novos
carnets:
Xa
están incorporados case todos os novos profesores do centro ao
programa informatizado da biblioteca para que poidan levar en
préstamo libros e outro material a casa. Contamos con rematar esta
tarefa en dúas semanas. Os
libros préstanse quince días e as películas 3 días (cun fin de
semana en medio). Pero temos un préstamo especial para aquel
material que os profesores levan para utilizar nas clases, e que
facemos polo tempo que se necesita ese material na aula (1 mes, 1
trimestre,…). Ao alumnado novo se lles farán os carnets ao longo das primeiras semanas.
Blog
da biblioteca:
Este blog recolle as actividades e novidades dos proxectos e actividades desenvolvidas ao longo do curso. O encargado do blog é Ramón Neira polo que se queredes que se avise dunha actividade ou se recollan imaxes dunha xa levada a cabo podedes escribirlle para que a publique.
Este blog recolle as actividades e novidades dos proxectos e actividades desenvolvidas ao longo do curso. O encargado do blog é Ramón Neira polo que se queredes que se avise dunha actividade ou se recollan imaxes dunha xa levada a cabo podedes escribirlle para que a publique.
Club
de lectura:
O
coordinador desta actividade é Carlos Blanco
No curso pasado tivemos clubes de lectura en toda a ESO e
Bacharelato, a cargo de moitos profesores: Carlos Blanco, Mercedes
Garrote, Matilde de Cal, Eloi Rodríguez, Ana Vidal, Manuel
Agromayor, Luisa Blanco, Sarah Dumesnil, Isabel Couceiro, Begoña
Santamaría, Manuel Santos, Lucía Sesto, Nazareth Rizo e Ben
Davidson.
Por
último, recordade que estamos á vosa disposición en todo aquelo
que vexades que pode axudarvos a biblioteca.
O
equipo de biblioteca
está formado este curso 2018-19 polos seguintes profesores:
Carlos
Blanco
Dores
Castro
Matilde
De Cal
Mercedes
Garrote
Beatriz
López-Suevos
Ramón
Neira
Eloi
Rodríguez
Lucía Sesto
Ningún comentario:
Publicar un comentario