Onte á tarde, o escritor e xornalista Arturo Pérez Reverte presentou no Ágora a súa última novela "FALCÓ".
Inaugurando ás Xornadas anuais de Escritores para o Profesorado que organiza o CEFORE.
Alí falou deste último libro seu, pero tamén de cómo traballa na confección dunha novela, das súas experiencias como reporteiro de guerra e da condición humana en xeral ante un auditorio cheo.
A novela xira en torno a Lorenzo Falcó, un extraficante convertido en espía que traballa para os servicios de información, na convulsa Europa dos anos 30-40 do século XX. É un tipo amoral, guapo, elegante, mullereiro que se move ben tanto nos ambientes luxosos de hoteis e balnearios como polos sórdidos de Estambul, os Balcáns, África e a España da Guerra Civil. Hai espías, loitas de poder, traicións, violencia... e ata un protagonista galego, de Betanzos, o Almirante.
+info:
Entrevista a Arturo Pérez reverte onte na prensa local:
Ningún comentario:
Publicar un comentario