A escritora máis famosa de Galicia segue mostrando a súa internacionalidade. Unha mestra galega Xela Cuñarro, que está a ensinar en Irlanda, quería mostrar ao seu alumnado o legado desta escritora. Tanto Galicia como Irlanda teñen en común a temática da emigración, que Rosalía aborda na súa obra. Así que Xela escolleu "Adiós ríos, adiós fontes", un dos poemas máis universais da literatura galega. Aquí está o resultado, o alumnado da Escola de Santa María de Mullaghbawn, de Irlanda do Norte, recitan o seu poema en Galego, Inglés e Gaélico, como podedes ver no video.
Enlace á noticia na prensa ("La Voz de Galicia"):
El emocionante «Adiós ríos, adiós fontes» de los niños de Irlanda
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
Ningún comentario:
Publicar un comentario