Hoxe celebramos o bicentenario do nacemento da ferrolana CONCEPCIÓN ARENAL (Ferrol 31 xaneiro 1820 / 4 febreiro 1893) e imos recordala dende Bibliodieste con diferentes actividades a longo dos vindeiros días.
Porque Concepción Arenal foi unha precursora e pioneira na defensa do papel da muller en todos os ámbitos. Loitou pola igualdade entre homes e mulleres nunha época na que a educación era única e exclusivamente para os homes.
Durante este tributo imos expoñer libros seus e faremos (o vindeiro martes 4 de febreiro) un programa sobre ela en RadioFiestra, entrevistando a unha coñecedora da súa vida e obra coa profesora de Filosofía África López.
De todo isto, ampliaremos información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario