Este luns 20 de xaneiro empeza o Campionato de Xadrez 2020 no 'Rafael Dieste'. Todas as partidas se xogarán no segundo recreo na Biblioteca.
Durante a semana do 13 ao 17 de xaneiro houbo xa clases de aprendizaxe tamén durante os segundos recreos.
Normas das partidas rápidas:
1- Tempo 10 minutos (5 para cada un dos xogadores).
2- Gaña cada partida a persoa que da xaque mate ao seu contrincante.
3- Se rematara o tempo dun xogador antes de que haxa xaque mate, perde quen esgotou o seu tempo (5 minutos) independentemente das pezas con que conte cada xogador.
4- A partida remata en tablas/empate se:
- un deles da xaque continuo ao seu contricante.
- só quedan os reis no taboleiro
- cando o xogador que debe mover non poder facer ningunha xogada e o seu rei non está en xaque (rei afogado).
- cando non hai pezas dabondo para que se poida dar xaque mate: un so cabalo, un so bispo, torre e rei contra torre e rei, dama e rei contra dama e rei.
5- Cada partida gañada é un punto. O empate supón 0'5 para cada contrincante.
6- Clasifícase o equipo que teña mais puntos.
7- Haberá dúas fases eliminatorias e unha terceira de liguilla, na que xogarán entre sí os mellores participantes.
Aquelas persoas que non se presenten sen aviso previo, quedarán eliminadas do torneo.
Todos os participantes que xoguen as súas partidas o día que lles toca, levarán un agasallo ao final do torneo. Os dous gañadores terán un premio especial. A persoa gañadora poderá participar contra os gañadores doutros institutos nun torneo intercentros.
Esta actividade está organizada polos Departamentos de Matemáticas, Filosofía e a Biblioteca do IES 'Rafael Dieste'.
Ningún comentario:
Publicar un comentario