29/06/20

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN 2020



Presentámosvos as nosas propostas de lecturas para este verán dende a Biblioteca do instituto.
Para ver en detalle podedes acceder as versións PDF nestas ligazóns:


25/06/20

PLAN PROXECTA DA CIDADANÍA DIXITAL



Cidadanía Dixital é unha iniciativa para contribuír á educación mediática e dixital da comunidade educativa e, por extensión, de toda a cidadanía. O noso instituto desenvolveu este proxecto ao longo deste curso 2019-20 dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,  dirixido a fomentar a innovación educativa nos centros.
Os departamentos de Lingua Galega e Música colaboraron para desenvolver este traballo integrado na aula e propoñendo estratexias, persoais e colectivas, para xestionar un uso consciente, responsable e transformador da tecnoloxía dixital.
O obxectivo deste Plan Proxecta de Cidadanía Dixital é que é que os propios alumnos tomen conciencia do seu papel ante a tecnoloxía e se convertan en prescritores para outros compañeiros.
Despois do visionado do documental Super Size Me, comparamos os nutrientes da comida lixo (graxa, azúcar e sal) cos “nutrientes” das redes sociais: auto-promoción, popularidade e éxito. Formulamos un decálogo de onde vemos mentiras ou manipulación nas redes. Estes decálogos foron feitos por cada grupo de alumnos de 4º ESO D e presentados nos grupos de 1º ESO e nunha clase de 2° en horas de clase de galego no segundo trimestre, entre xaneiro e febrero. 

O que vemos neste vídeo é un ensaio previo á exposición, unha dramatización do que supón compartir tod@s a comida e o espazo e o ben comúns e o que supón acaparar os alimentos como metáfora do acaparamento e beneficio privado nas redes sociais.

Video:

19/06/20

CARLOS RUIZ ZAFÓN, DEP


Triste noticia que sabemos hoxe, o falecemento do escritor Carlos Ruiz Zafón aos 55 anos.
DEP. O escritor nacido en Barcelona vivía en Os Ánxeles. A súa novela La sombra del viento foi gañadora de numerosos premios e seleccionada na lista confeccionada en 2007 por 81 escritores e críticos latinoamericanos e españois cos mellores 100 libros en lingua española dos últimos 25 anos. Un título co que o escritor adquiriu proxección internacional.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

305808

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER