Cidadanía Dixital é unha iniciativa para contribuír á educación mediática e dixital da comunidade educativa e, por extensión, de toda a cidadanía. O noso instituto desenvolveu este proxecto ao longo deste curso 2019-20 dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dirixido a fomentar a innovación educativa nos centros.
Os departamentos de Lingua Galega e Música colaboraron para desenvolver este traballo integrado na aula e propoñendo estratexias, persoais e colectivas, para xestionar un uso consciente, responsable e transformador da tecnoloxía dixital.
O obxectivo deste Plan Proxecta de Cidadanía Dixital é que é que os propios alumnos tomen conciencia do seu papel ante a tecnoloxía e se convertan en prescritores para outros compañeiros.
Despois do visionado do documental Super Size Me, comparamos os nutrientes da comida lixo (graxa, azúcar e sal) cos “nutrientes” das redes sociais: auto-promoción, popularidade e éxito. Formulamos un decálogo de onde vemos mentiras ou manipulación nas redes. Estes decálogos foron feitos por cada grupo de alumnos de 4º ESO D e presentados nos grupos de 1º ESO e nunha clase de 2° en horas de clase de galego no segundo trimestre, entre xaneiro e febrero.
O que vemos neste vídeo é un ensaio previo á exposición, unha dramatización do que supón compartir tod@s a comida e o espazo e o ben comúns e o que supón acaparar os alimentos como metáfora do acaparamento e beneficio privado nas redes sociais.
Video:
Ningún comentario:
Publicar un comentario