Esta semana a nosa coordinadora da Biblioteca, Matilde de Cal, asistiu telemáticamente aos ENCONTROS DO PLAMBE (Plan de Bibliotecas Escolares) e atopouse cunha agradable sorpresa ao vernos mencionados nun estudio dunhas expertas catalás, entre elas Mónica Baró. Aparecemos citados nun comentario dunha profesora de primaria despois dunha visita de alumnado de 6º primaria á nosa biblioteca.
Un comentario positivo que nos fai sentir moi orgullosos do traballo que estamos a facer e da biblioteca que temos. (Podedes ver o comentario na imaxe).
Ningún comentario:
Publicar un comentario