O COVID cambiou moitas cousas no noso instituto: obrigounos a levar unha mascarilla todo o tempo, a botar xel nas mans varias veces ao día, a entrar e saír por portas diferentes, a horas diferentes, a suprimir as aulas materia, a ter un só recreo -aínda que mais longo-, a desinfectar as mesas e as sillas se cambiamos de aula, etc... Pois ben, o COVID tamén está a cambiar o noso Club de Lectura DIESTE, que este curso conta cunha organización e un funcionamento diferente para adaptarse a estes tempos de pandemia.
Non podemos utilizar a sala do Club de Lectura porque non cumpre as normas relativas á distancia marcadas polo protocolo. Tampouco podemos adicar ao Club o tempo de recreo xa que todos quedaríamos sen o único recreo que temos. Por todo isto estamos perfilando a nova organización que tratará de aproveitar as aulas e os postos que o alumnado ten asignado dentro delas, incorporando o Club DIESTE dentro da Hora de Ler e/ou horas de reforzo, titorías e materias que se presten a elo.
Ide pensando se queredes formar partes dos "trasnos" e vivir con nós novas aventuras, as dos libros e as que nós vos imos propor. Seredes recibidos con mascarilla pero coa mesma ilusión de sempre.
Comezaremos estes días co alumnado de 1º de ESO. Listo? Pois esperada as novas que vos iremos contando...
Ningún comentario:
Publicar un comentario