Como todos os anos, o día 24 de outubro é o Día Internacional da Bibliotecas.
Para celebralo, a Biblioteca convoca un concurso de Selfies AS MIÑAS
BIBLIOTECAS 2021 – 2022.
O obxectivo do concurso é promover a visita ás bibliotecas da bisbarra e da
cidade, ou cando menos, acercarse a elas e situalas. Rexerase polas seguintes
bases:
I.- DESTINATARIOS. - O concurso está dirixido a todo o alumnado do
IESPlurilingüe Rafael Dieste.
Pódese participar individualmente ou en grupos
II.- CONTIDO. - Cada participante ou grupo de participantes debe facerse un
selfie no que se vexa unha biblioteca real da cidade (non vale imaxe dunha
biblioteca). As fotos poden ser individuais ou en grupo.
III.- PARTICIPACIÓN. - A participación no Concurso farase enviando a
devandita foto a un dos siguientes correos:
-correo da biblioteca: bibliodieste21@gmail.com
- Correo da coordinadora da Biblioteca: bcuesta29@gmail.com
No correo hai que indicar en asunto Concurso de selfies. Ademais, hai que
achegar a foto en formato jpg, e indicar nome e apelidos, curso e grupo.
A Biblioteca encargase de imprimir as imaxes e poñelas no taboleiro da clase
correspondente.
IV.- CALENDARIO. As imaxes poden enviarse ata o mércores 31 de outubro.
A entrega do premio celebrarase nunha data, aínda por definir, dentro da
primeira avaliación. As persoas gañadoras serán debidamente informadas
desta data.
V.- PREMIOS. – Hai varias categorías de premios:
- Premio individual ao mellor selfie. Vale por 20 euros para utilizar en tendas da
contorna. O vale é para o autor ou autora do premio.
- Premio para a foto con máis xente posando para o selfie. Vale por 30 euros
para utilizar en tendas da contorna. O vale é para o autor ou autora do premio.
- Premio para a clase que teña a porcentaxe máis alta de selfies. Premio para a
clase.
Unha vez definidos os premios, faranse públicos a través do blog da Biblioteca.
VI.- MEMBROS DO XURADO. - O xurado estará integrado por 5 membros:
unha persoa de dirección, un profesor o profesora do grupo da Biblioteca, un
voluntario/a da Biblioteca, unha persoa do grupo DiverXentes e outra de
persoal non docente do instituto.
VI.- DEREITOS DE IMAXE. - A participación no concurso implica ter entregado
o permiso para utilizar a imaxe do alumno/a.
VII.- ACEPTACIÓN DAS BASES. - A participación no concurso implica a plena
aceptación do contido destas bases. A Biblioteca, organizadora do concurso,
resérvase o dereito de modificalos, comunicándollo aos participantes a través
do blog da Biblioteca.
Ánimadevos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario