A través da exposición que se pode visitar estes días, Retorno ao Medievo, presentamos os programas e actividades que se desenvolven na biblioteca do IES Rafael Dieste: os clubs de lectura (banda deseñada en galego, manga, lectura en portugués e club de novela negra para os adultos), os clubs de encontros (electrónicos, xadrez, lingua de signos e grupos de debate), a Semana Cultural (proxecto interdisciplinar de centro dedicado este curso á lusofonía), Radio na biblio, Hora de ler e as actividades en relación coas datas especiais e conmemoracións (Día do Libro, Día das Bibliotecas, Samaín…), exposicións temáticas etc.
Mediante estes programas e actividades desexamos converter a biblioteca nun espazo activo, dinámico, creativo, de ocio e de lecer, ademais dun lugar de traballo e de investigación. Todo isto non sería posible sen a gran axuda das mais de 30 persoas voluntarias, rapaces e rapazas de ESO e Bacharelato comprometidas neste espazo e lugar de convivencia positiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario