Celebramos este día cunha exposición de deseños de portadas de libros de poemas da escritora.
Tamén convocamos a III edición do concurso de microrrelatos Palabras Mínimas.
Celebramos este día cunha exposición de deseños de portadas de libros de poemas da escritora.
Tamén convocamos a III edición do concurso de microrrelatos Palabras Mínimas.
Un curso máis participamos nesta convocatoria de xadrez. Nesta ocasión celebrouse no IES Fernando Wirtz. Os nosotros finalistas Franco Gabriel Franco e Xavi Lemus, na categoría junior, e Daniel Rey (Campión do Dieste 24), Bruno Picos e Miguel Fernández, en senior, xogaron e gozaron da xornada. E máis aínda, xa que volvamos co Primeiro Premio junior nas mans de Franco. Noraboa!!!
Con motivo da celebración do Día Internacional da muller, inaugurouse no instituto un Punto Violeta. Trátase dun Punto de seguridade para a prevención da violencia de xénero , información e acompañamento. Un grupo de profesorado e alumnado está a formarnos na materia.
Falounos do efecto Matilda. Este efecto implica que aínda que hai moitas mulleres importante na ciencia ao longo da historia e mesmo na actualidade, a sociedade non lles deu o recoñecemento. Falounos tamén dos marabillosos camiños que abre a posibilidade de mesturar ciencia e poesía.
Unha conferencia interesante e moi inspiradora.
Para celebrar o inicio do entroido, na biblioteca organizamos un obradoiro de maquillaxe e un photocall, Para mostra, un botón nas fotos! Pasádeo ben!!
Unha exposición realizada polo alumnado de 1º ESO sobre lugares maravillosos do noso planeta.
Desde unha exótica praia a unhas illas paradisíacas, pasando por unha gran cordilleira, un fermoso val ou unha espectacular fervenza. Estes e moitos máis foron os recunchos elixidos polos rapaces e rapazas de 1º ESO neste traballo de xeografía.
Desta maneira exploramos lugares descoñecidos que nos gustaría contemplar ou son espazos que visitamos no pasado e gardamos nas nosas lembranzas.
E ti? Que lugar desexas visitar?
É unha actividade realizada en colaboración polo Departamento de Historia e a Biblioteca.