Comenzamos xa o segundo trimestre do curso e dende a Biblioteca queremos recordar sobre a HORA DE LER nos grupos da ESO.
Retomamos o calendario que rematara na semana do 3 ao 5 de decembro que era unha semana que tiña a hora de ler na 3ª sesión do horario. Polo tanto, empezamos coa hora de ler neste trimestre na 4ª sesión do horario e iremos rotando ata a semana do 11 ao 15 de marzo, agás se semana de Entroido e deixando a seguinte semana libre por ser previa á avaliación.
Febreiro: 4-8 2ªh / 11-15 3ªh / 18-22 4ªh / 25-1 5ªh
Marzo: 11-15 6ªh
RECORDATORIO
A actividade é para todo o alumnado da ESO. A organización é así:
Cada trimestre dedicaríanse seis semanas, quedando libres aquelas máis próximas ás avaliacións. Todos os días de cada unha desas seis semanas dedicaríanse vinte minutos á actividade:
1ª semana------ a 1ª hora todos os días da semana (20 primeiros minutos)
2ª semana------ a 2ª hora todos os días da semana (20 primeiros minutos)
3ª semana------ a 3ª hora todos os días da semana (20 primeiros minutos)
(Así sucesivamente ata rematar as seis semanas)
Ningún comentario:
Publicar un comentario