Onte á tarde, tivemos a ocasión e a sorte de coincidir co ilustrador e historietista MIGUEL GALLARDO, dentro dos XII Encontros con Escritores organizados polo CEFORE de A Coruña. A Miguel xa lle dedicamos AQUÍ unha entrada anterior co motivo da presentación da súa segunda historieta sobre a súa relación coa súa filla autista María.
Miguel é un dos máis destacados historietistas españois, creador de moitos personaxes e colaborador en moitas revistas de comics. É o creador de Makoki, Pepito Magefesa, o Perro Nick, entre outros...
Na súa conferencia de onte falou da súa obra e da súa labor de concienciación sobre o Autismo. Desta última labor, deixámosvos cos videos que mostran o seu traballo en películas de animación feitos para a Fundación Orange. Podemos así disfrutar das súas ilustacións en movemento.

Video "A VIAXE DE MARÍA", Fundación Orange (Miguel Gallardo):
Video ·ACADEMIA DE ESPECIALISTAS", Fundación Orange (Miguel Gallardo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario