08/02/09

O BARDO BERGANTIÑÁN

O Xallas dende O Pindo
O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo, voceiro da corrente celtista que surxiu na Coruña arredor da Cova Céltica e poeta que quixo facer do galego unha lingua culta.
O Bardo Pondal, influenciado polos historiadores galegos contemporáneos e por diversos materiais librescos, constrúe para Galicia un pasado mítico poboado de heroes, entre os que destaca Breogán, o pai da patria.
Esta poesía de carácter épico, que reivindica as raíces celtas como elemento singular e diferenciador do pobo galego fronte ao resto de España, e que ten no Himno Galego o seu exemplo máis coñecido, foi escrita cunha intencionalidade cívica: devolverlles aos galegos a conciencia da propia identidade e mostrarlles o camiño do futuro.
Pero ademais desta poesía de carácter político, Pondal escribiu tamén outra, máis lírica, que fala do paso do tempo, de liberdade, de nostalxia, de soidade, de misantropía, e nos achega máis ao lado humano do poeta.
Con todo, un elo de ferro vincula ambas liñas poéticas: o amor á terra. Na súa poesía a paisaxe de Bergantiños acada unha presenza transcendental, ben a través da toponimia ben a través da flora e a fauna, especialmente árbores e aves, cos que dialoga, unhas veces co desexo de apreixar os enigmas da nosa historia e outras querendo fundirse con eles, como se pode ver neste poema de Queixumes dos pinos que vos deixamos:
Feros corvos de Xallas,
Que vagantes andás
En salvage compaña,
Sin hoxe nin mañán;
Quen poidera ser voso compañeiro,
Pola gandra longal!

Algo de vago e fero,
Do meu ser no profundo
Eu levo, como as brétomas
Dos curatos escuros;
E unha ruda e salvage
Inclinación dos seres vagamundos.

Algo do rudo vento
Que azouta o cabo Ougal;
Do salvage miñato
Que leva o vento soán;
E con nobre ufanía,
O esquivo mato registrando vai!

Algo das vagas brétomas,
Algo das uces altas,
Algo dos libres corzos,
E das feras bandadas
Dos corvos vagamundos,
Que se espallan de Xallas polas gandras.

Ningún comentario:

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER