Vinicius De Moraes, músico excelso, icono da música brasileira, poeta, periodista, diplomático... naceu n'A Gavea, Brasil. Con 14 años compón o seu primeiro tema, pero deixa a música ata 1952. Acaba a carreira de dereito (que nunca exerceu), traballa de periodista, edita o seu primeiro libro de poemas, marcha a Oxford a estudar poesía e, ao comezar a Segunda Guerra Mundial, retorna a Brasil e é nomeado vicecónsul e destinado a Los Ángeles, ata que retorna á súa terra como periodista. Volve a compoñer, e destínano á embaixada de Brasil en París onde vivirá tres anos. A súa colaboración con Antonio Carlos Jobim para levar Orfeu Negro ao cine será o comezo dun periodo fundamental para a música brasileira. Vinicius e Jobim compoñen a inmortal Garota de Ipanema, e comeza un periodo no que vivirá para a música e a poesía, grazas ás que tamén coñece a Antonio Pecci Filho, Toquinho, cuxa relación a nivel profesional e de amizade durará ata a súa morte.
TERNURA
Eu te peço perdão por te amar de repente
Embora o meu amor seja uma velha canção nos teus ouvidos
Das horas que passei à sombra dos teus gestos
Bebendo em tua boca o perfume dos sorrisos
Das noites que vivi acalentado
Pela graça indizível dos teus passos eternamente fugindo
Trago a doçura dos que aceitam melancolicamente.
E posso te dizer que o grande afeto que te deixo
Não traz o exaspero das lágrimas nem a fascinação das promessas
Nem as misteriosas palavras dos véus da alma...
É um sossego, uma unção, um transbordamento de carícias
E só te pede que te repouses quieta, muito quieta
E deixes que as mãos cálidas da noite encontrem sem fatalidade o olhar extático da aurora.
Vinicius de Moraes
A continuación tedes unha actuación na que están os tres xuntos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario