A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


Actividade Bibliodieste

Actividade Bibliodieste

27/11/10

LOITO NA CULTURA GALEGA




Morreu Fdz. del Riego, o derradeiro galeguista da xeración Galaxia. Nacido en Vilanova de Lourenzá un lonxano 7 de xaneiro de 1913, dedicou a súa vida a Galicia. Membro do S.E.G., fundador da Ed. Galaxia, membro da R.A.G. da que chegaría a ser presidente entre 1997 e 2001 e impulsor da proposta de celebrar o Día das Letras Galegas o 17 de maio, director da biblioteca da Fundación Penzol, fundador do P.S.G. e do P.G.... En fin, Don Paco non paraba. Disfrutaba lendo e escribindo, o que non deixou de facer mentres lle duraron as forzas, como podemos constatar todos os que liamos os seus artigos de La Voz de Galicia. Autor dunha extensa obra pola que recibiu numerosos premios, entre os seus títulos podemos destacar Galicia no espello, o seu discurso de entrada na R.A.G. Un país e unha cultura: a idea de Galicia nos nosos escritores, Historia da literatura galega, dúas antoloxías poéticas (Do dezanove ós continuadores, 1976; Do posmodernismo ós novos, 1980), ou o seu libro de memorias O río do tempo. Unha historia vivida.
Morreu un home íntegro, un "idealista pragmático", un exemplo para todos.
D.E.P.

24/11/10

DÍA CONTRA A VIOLENCIA ÁS MULLERES

O 25 de novembro celébrase o Día contra a violencia de xénero. Desde a biblioteca queremos que todos reflexionemos cos nosos alumnos o motivo de que no século XXI haxa tanta violencia e, en concreto, contra as mulleres. Con este fin, o de reflexionar, deixámosvos este vídeo



e repartiremos como símbolo uns lazos morados.
Vede tamén os caligramas que fixeron os alumnos de 4º de ESO, que tedes expostos á porta da biblioteca.

ORDENADORES NAS AULAS

Agora que xa todos comprobamos que a presenza dos ordenadores na aula é algo cotiá, debemos dar un paso máis cara adiante para que sexa un elemento que contribúa ao cambio e á mellora do sistema educativo. Non se trata só de ter un aparato novo na aula.

"Se requiere aprender y borrar. Aprender nuevos métodos didácticos basados en que sea el alumno el protagonista de su aprendizaje y borrar las prácticas de enseñanza tradicionales, sin miedo a la innovación constante. La formación del profesorado es, sin duda, la clave fundamental".

Estas son as conclusións ás que chegou O Centro de Investigación de Tecnologías Avanzadas (CITA) da Fundación Germán Sánchez Ruipérez o pasado 13 de novembro na súa reflexión sobre ordenadores na aula, retransmitida en directo por:



As conclusións podédelas ler en
Conclusiones Focus Gropu

18/11/10

O QUIXOTE INTERACTIVO


O pasado mes de outubro presentouse ao público a versión interactiva da primeira edición de El Quijote (1605 y 1615), conservada na Biblioteca Nacional. Non se trata dunha mera transcrición, senón dunha transcrición liña a liña do texto que permite realizar búsquedas específicas de términos dentro de el. Ademais incorpora son ao pasar as páxinas, detalle que fai que o lector sinta coma se tivese o libro nas mans e achega a lectura dixital e a tradicional
Tamén aporta complementos que axudan a situarnos no contexto histórico da obra, como un mapa cos erráticos itinerarios do inxenioso Fidalgo; un recorrido cronolóxico polas edicións máis relevantes que conserva a Biblioteca Nacional da obra. Inclúe unha selección coas composicións musicais máis populares da época.

Para ver esta magnífica edición, premede AQUI

UNHA LECCIÓN DE HISTORIA

12/11/10

XA TEMOS TODOS OS LIBROS

Por fin temos no Instituto todos os libros para iniciar eses 20 minutos de lectura diaria nas aulas de ESO. Agora toca rexistralos e poñerlles as etiquetas. E son 180. Desde a Biblioteca pedimos paciencia. Con todo, á velocidade que imos, contamos poder comezar en todas as aulas para a semana que vén.

Unha vez rexistrados e etiquetados os libros o proceso a seguir será o seguinte:

Darémoslle ao titor ou titora de cada grupo os exemplares correspondentes á súa aula e el ou ela encargarase de repartilos aos alumnos. Mais lembrade unha cousa:

-Haberá o dobre de alumnos por curso que de libros, é dicir, cada dous alumnos disporán dun exemplar do libro.

-O titor fará un préstamo a un deles, e este será o encargado de levalo na mochila, levalo á aula materia na que toque ler, e deixalo no seu casilleiro cando non se utilice.

-NON DEBEN LEVARSE PARA A CASA.

O titor dará aos alumnos o horario establecido para A HORA DE LER e os alumnos engadirano no horario xeral do curso.

11/11/10

1º LIBROTRÁILER GALEGO

Edición Xerais acaba de presentar a 1º librotráiler galego da historia para promocionar Todo é silencio, a última novela publicado por M. Rivas.
A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez e a música e a interpretación é de Lara Domínguez
.

02/11/10

PAPEL OU iPAD?


O pasado fin de semana alguns profesores do equipo de biblioteca asistimos en Santiago aos III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia. Tratáronse moitos temas, todos relacionados coa lectura, pero eu destacaría o tratado na conferencia de clausura "Os camiños de transformación da lectura e escritura" do profesor A. Rodríguez de las Heras, da Universidade Carlos III de Madrid. Segundo este profesor "los cambios en las formas de leer y de escribir son imparables, porque es ya un hecho la migración al soporte digital y al espacio electrónico de la pantalla. Por lo tanto, debemos buscar y concebir en el mundo digital espacios virtuales de escritura distintos al de la página, más adecuados al nuevo soporte, a la pantalla, y sobre todo, adecuado a una nueva generación que hay que educar." Como o tema é moi interesante e quedamos convencidos de que os tiros van por aí, deixámosvos cun enlace a un artigo que fala da batalla entre o libro tradicional e o electrónico.
E TI EN QUE LES, EN PAPEL OU EN iPAD?

XORNADA POLA CIENCIA EN GALEGO

A BIBLIOTECA únese tamén á celebración da xornada pola ciencia en galego coa exposición de libros en galego EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA cos seguintes obxectivos:
-Amosar que as linguas se aprenden usándoas en todos os contextos.
-Amosar que TODAS AS LINGUAS son válidas para a expresión científica, tamén o galego.
E para que vaiades coñecendo a algúns científicos galegos de sona, vede os documentais que tedes a continuación.








ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (5) actividadeBiblio (77) actualidade (35) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (4) audio (3) audiovisual (33) autores (48) baile (2) bibliotecas (66) bioloxía (5) cartel (3) centenario (16) certames (11) cidades (3) ciencia (14) cine (24) club de lectura (4) comic (25) compromiso (78) concursos (33) conferencia (6) congresos (5) contacontos (7) Cosmos (2) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (52) deseño (2) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (168) encontros con escritores (13) enlaces (230) enquisas (7) ensaios (1) entrevista (1) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (45) expresión oral (2) familia (5) familias (3) ficha (1) filosofía (3) física (1) fomento da lectura (138) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (3) Galicia (39) graduación (3) guías (2) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (61) humor (19) ilustración (7) inglés (33) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (1) letras galegas (46) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (85) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (21) mitoloxía (5) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (41) música (46) narrativa (40) natureza (1) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (41) presentación (13) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (95) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (41) titoría (3) traballo por proxectos (7) traducción (1) tríptico (1) verán (2) viaxes (2) videos (16) vídeos (65) violencia de xénero (7) votacións (3) xeografía (6) xogos (14) xornadas (1) xornalismo (1) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER