Por fin temos no Instituto todos os libros para iniciar eses 20 minutos de lectura diaria nas aulas de ESO. Agora toca rexistralos e poñerlles as etiquetas. E son 180. Desde a Biblioteca pedimos paciencia. Con todo, á velocidade que imos, contamos poder comezar en todas as aulas para a semana que vén.
Unha vez rexistrados e etiquetados os libros o proceso a seguir será o seguinte:
1º Darémoslle ao titor ou titora de cada grupo os exemplares correspondentes á súa aula e el ou ela encargarase de repartilos aos alumnos. Mais lembrade unha cousa:
-Haberá o dobre de alumnos por curso que de libros, é dicir, cada dous alumnos disporán dun exemplar do libro.-O titor fará un préstamo a un deles, e este será o encargado de levalo na mochila, levalo á aula materia na que toque ler, e deixalo no seu casilleiro cando non se utilice.
-NON DEBEN LEVARSE PARA A CASA.
2º O titor dará aos alumnos o horario establecido para A HORA DE LER e os alumnos engadirano no horario xeral do curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario