25/02/11

EL CABALLERO DE OLMEDO

Fotografía de Luís Laforga.
Preme na imaxe para máis información.
Esta fin de semana estará na Coruña a compañía de Castela León Teatro Corsario cunha adaptación de El Caballero de Olmedo de Lope de Vega realizada por Fernando Urdiales, unha comedia na que o amor e a morte están a mercede do destino.

D. Alonso, un nobre cabaleiro de Olmedo, namórase de dona Inés na feira de Medina e faillo saber a través dunha celestina. Mais dona Inés é pretendida tamén por outro cabaleiro que a pide en matrimonio, e ela, namorada de D. Alonso, comunica a seu pai o seu desexo de facerse monxa para escapar dese compromiso. Sabedor do que está a suceder e cheo de ciumes, d. Rodrigo, o cabaleiro que pretende a dona Inés, decide asasinar a D. Alonso, o que fará cando este volve pola noite para Olmedo desde Medina, desoíndo a copla popular que presaxia a súa morte:

"Que de noche lo mataron
al caballero,
la gala de Medina´
la flor de Olmedo."

UNHA OPORTUNIDADE ÚNICA DE VER UNHA OBRA DE TEATRO CLASICO QUE VÉN PRECEDIDA DUNHA CRÍTICA EXCELENTE.

24/02/11

ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO


Rosalía de Castro é, sen dúbida, a nosa escritora máis universal. A súa poesía é coñecida e recoñecida en todo o mundo e, polo tanto, tamén de todos vós. É tanto o que se ten escrito sobre a poesía de Rosalía que é difícil poder engadir algo novo. Hoxe celebramos o aniversario do seu nacemento, e a biblioteca invítavos a que a lembredes collendo nas vosas mans algún dos seus libros e deixándovos levar polo engado dos seus versos dos que ela fala así:

Diredes destes versos, i é verdade,
Que tén estraña insólita harmonía,
Que neles as ideas brillan pálidas
Cal errantes muxicas
Que estalan por instantes,
Que desaparecen xiña,
Que se asomellan á párruma incerta
Que voltexa no fondo das curtiñas,
I ó susurro monótono dos pinos
Da beiramar bravía.

Eu direivos tan só que os meus cantares
Así sán en confuso da alma miña
Como sai das profundas carballeiras
O comezar do día,
Rumor que non se sabe
Se é rebuldar das brisas,
Si son beixos das frores,
Se agrestes, misteriosas harmonías
Que neste mundo triste
O camiño do ceo buscan perdidas.
Follas Novas, 1880
OS QUE QUEIRADES LEMBRAR MELLOR A ROSALÍA PODEDES ENTRAR NESTA PÁXINA OU NESTOUTRA.

22/02/11

OS MARTES, POESÍA

Eugenio Montejo é un poeta e ensaísta venezolano nacido en Caracas que exerceu varios anos como embaixador do seu país en Lisboa. O crítico Guillermo Sucre di del que "buscaba facer de cada poema unha obra, unha construción íntegra en si mesma e da súa escritura poética un proceso aberto", e Alfonso Castañón descríbeo de forma clara e concisa dicindo que "Eugenio Montejo pertenece a esa metálica estirpe venezolana que alía exactitud y elegancia".

LA POESÍA
La poesía cruza la tierra sola,
apoya su voz en el dolor del mundo
y nada pide
ni siquiera palabras.

Llega de lejos y sin hora, nunca avisa;
tiene la llave de la puerta.
Al entrar siempre se detiene a mirarnos.
Después abre su mano y nos entrega
una flor o un guijarro, algo secreto,
pero tan intenso que el corazón palpita
demasiado veloz. Y despertamos.
Eugenio Montejo
, de Adiós al siglo XX, 1992


Se vos gustou este poema e queredes ler outros poemas seus, entrade
AQUÍ.

21/02/11

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

No ano 1999 proclamouse o Día Internacional da Lingua Materna na Conferencia Xeral da UNESCO coa finalidade de protexer e promover todas as linguas do mundo. Dende entón cada ano elíxese un tema para conmemorar esta data. Este ano o tema elixido é As tecnoloxías da información e da comunicación para a protección e a promoción das linguas e da diversidade lingüística.
Esta é a mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Irina Bokova con motivo do Día Internacional da Lingua Materna 2011.

No mundo fálanse moitas linguas pero non todas teñen as mesmas posibilidades para continuar existindo. Este é o caso das denominadas linguas minorizadas, que teñen restrinxidos os seus usos sociais porque comparten territorio con outros idiomas denominados oficiais.

E xa que vivimos en Europa, entrade AQUÍ e veredes a cantidade de linguas que existen só no noso continente, e ademais poderedes coñecer un pouco de cada unha delas.

18/02/11

UNHA NOVELA QUE PAGA A PENA

El último encuentro é o título da novela que vos propoñemos hoxe. O autor SÁNDOR MÁRAI (1900-1989), escritor húngaro emigrado a EEUU e prohibido no seu país, foi rescatado a finais do século XX e devolto á categoría de un dos escritores centroeuropeos máis importantes da súa época.
Un pequeno castelo ao pé dos Cárpatos en Hungría é utilizado como escenario do encontro de dous homes xa anciáns, un rico e o outro máis pobre e artista, que foron amigos íntimos na xuventude, e levaban cuarenta e un anos sen verse por algo que no pasado os separou. Este feito marcou a vida destes dous homes que desde entón só viviron para chegar a este momento e saber a verdade.
"La vida se vuelve casi interesante cuando ya has aprendido las mentiras de los demás, y empiezas a disfrutar observándolos, viendo que siempre dicen otra cosa de lo que piensan, de lo que quieren en verdad..."

" A veces pienso que la amistad es la relación más intensa de la vida... y que por eso se presenta en tan pocas ocasiones..."
"Es la mayor tragedia con que el destino puede castigar a una persona. El deseo de ser diferentes de quienes somos..."

Estas e moitas outras reflexións sobre a búsqueda da verdade, as relacións persoais, o verdadeiro valor da amizade e a lealdade, a condición humana en definitiva, son as que nos propón cunha extraordinaria maestría este autor afortunadamente rescatado para os lectores.

PODEDES PEDILO EN PRÉSTAMO NA BIBLIOTECA!

17/02/11

PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO GALEGO

Hoxe en día é habitual cando se achegan uns días de vacacións que a xente organice unha viaxe para visitar algún lugar que aínda non coñece. Uns elixen lugares para descansar, relaxarse e cargar as pilas, outros prefiren unha viaxe cultural para coñecer o máis destacado dun país ou dunha determinada zona do mundo. Mais tanto uns coma outros volven coa cámara chea de fotografías para ensinar orgullosos aos que aínda non foron por alí. A maioría elixe lugares alonxados, tal vez por aquilo de que "canto máis lonxe é a romaría máis o agradece o santo" ou tal vez porque descoñece que perto da súa casa ten un patrimonio cultural riquísimo aínda por descubrir.

Descubrir ese patrimonio aos que aínda non o coñecen é o obxectivo que pretendemos coa presentación que tedes a continuación, porque non se pode presumir do que non se coñece.


O PRIMEIRO PASO PARA CONSERVAR O NOSO PATRIMONIO CULTURAL É COÑECELO.

16/02/11

Deixamos por un momento a poesía de paz e de amor, que estivemos este mes traballando, para achegarnos a outro tipo de poesía, a da vida e a amizade.
O vídeo que vos presentamos narra unha historia de amizade. Mirade e logo decídeme se non son tamén poesía estas imaxes.

15/02/11

MARTES POÉTICOS



TROPEZO
Caín, amor, dentro de ti,
tropecei con non sei qué
e manqueime non sei ónde,
nalgún lugar moi adentro, pero
do que non sae nin un só lamento,
e onde se confunde a dor
co silencio máis denso
e magmático.

Agora sei que alí non vale despistarse
e que as máis duras batallas
nunca son estrondosas.

Tropezo forma parte do poemario Poesía inútil de Alex Susanna que, como di Ángel Guinda, o seu tradutor ao castelán, é un diario: "La narración entrañable, en voz baja, de un agudo saber acerca del mundo interior y cotidiano de nuestro poeta: los enigmas de su realidad, sus claves ocultas y emergentes, la música de sus sentidos."

Ou en palabras de J. L. García Martín:
"Àlex Susanna, en este su último libro, realiza esa difícil hazaña de convertir en poesía la cotidianidad del hombre adulto: trabajo y familia, sin utopías, sin grandes sueños, inventada ya una identidad, conseguido un lugar en el mundo, todavía lejos del ensayo de una despedida que es la vejez."

13/02/11

MULLERES

Preme na imaxe e entra no artigo
ELPAÍS.com abriu o blog MULLERES no que escriben "periodistas e colaboradores de EL PAÍS de distintas idades, seccións, especialidades e sexos" que "aspira a recoller os cambios que está vivindo e aportando a muller a un mundo en transformación, os avances en igualdade e as grandes asignaturas pendentes."

Entre os interesantes artigos que levan publicados está o primeiro capítulo dunha serie dedicada ás MULLERES QUE CAMBIAN O MUNDO do periodista Hernán Zin. Este capítulo está dedicado a Gloria Company e ás mulleres afganas que ela atende.

11/02/11

SE TE QUERES, REGÁLATE UN LIBRO

Algunha suxestión ben atractiva podería ser:

Amor en juego,
un fermoso album ilustrado de Elena Ferrándiz editado por Thulé que recolle unha morea de xogos utilizados polos namorados dende hai centos de anos. Os xogos aparecen divididos en cinco grupos dependendo do momento no que se atope cada parella: namoramento, conquista, emparellados, desiguais e solitarios. E ten unhas ilustracións extraordinarias.

Ou Los amantes mariposa de Benjamin Lacombe, unha adaptación dunha lenda popular china sobre o tráxico romance de dous namorados, Naoko e Kamo.
Naoko é unha rapaza de catorce anos que seu pai manda á cidade para ser educada convenientemente coa finalidade de conseguir un bo marido, pero cando chega á cidade disfrázase de rapaz para poder estudar literatura, que é o que a ela lle gusta. O problema surxe cando coñece a Kamo, o seu compañeiro de estudos, co que inicia unha historia de amor de tráxico final.
Tamén neste álbum as ilustracións, feitas polo propio Benjamin Lacombe, son fermosísimas.

09/02/11

DÍA DE TEATRO

Do 5 ao 12 de febreiro Producións Excéntricas está a ter unha actividade febril na Coruña. Está a representar: Shakespeare para ignorantes, O peor de Mofa e Befa e Un cranio furado.

Hoxe os nosos alumnos de bacharelato serán espectadores privilexiados de Shakespeare para ignorantes.

08/02/11

O CORAZÓN PARTIDO

Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro?

Aquí tedes a menciña
Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraindicacións de ningún tipo

MARTES POÉTICOS

Hoxe cúmprese o 176 aniversario do nacemento de Eduardo Pondal e ímolo lembrar dedicándolle este MARTES POÉTICO. Eliximos un poema seu no que se presenta a si mesmo como un bardo agobiado pola responsabilidade de ser o receptor das voces dos antepasados, ou o que é o mesmo, a conciencia da raza.

Da alma no fondo
eu levo unhas cordas,
que a cada momento
soando están soas:
se estou vixiando
ocúpanme as horas;
se en prácido sono
os membros repousan,
axítanse insomnes,
xa doces, xa roucas.

En vano, febrento,
nas luitas recónditas,
o ánimo ousado
en vano se esforza
por domar o tumulto sublime,
as férvidas notas,
soberbias, agrestes,
salvaxes, grandiosas,
que ¡ai! no profundo
dos bardos repousan,
¡cal repousan as chispas que dormen
nas altas curotas!
Queixumes dos pinos.


06/02/11

CINE EN GALEGO NA REDE


Internet segue a ser un medio fundamental para o desenvolvemento e o medre da escrita en galego, como nos confirma o nacemento da primeira revista dixital en galego de cine A cuarta parede presentada onte na Coruña. O xornal.com presentaba así a noticia:

"A Fundación Caixa Galicia da Coruña acolleu na xornada de onte a presentación d’A Cuarta Parede, a primeira revista dixital en galego de crítica cinematográfica. Os seus editores, Eloy Domínguez Serén e Víctor Paz Morandeira, controlan un equipo de 30 colaboradores, entre os que se contan dende críticos como Jaime Pena ou o colaborador de Xornal Martin Pawley, até cineastas, caso de Ángel Santos e Alberte Pagán.

Os fundadores do proxecto explicaron que este “nace para encher un oco informativo sen ocupar, como é a promoción especializada dos nosos autores e circuítos de exhibición, e na nosa lingua, o galego”. A revista, que se pole ler na web www.acuartaparede.com, renovará os seus contidos cada seis ou sete semanas “atendendo ás citas máis importantes do calendario cinematográfico”.

“O concepto d’A Cuarta Parede naceu cando unha crítica catalá nos comentou que Galicia producía moitos críticos cinematográficos, e é certo, pero démonos de conta de que eses críticos non escribían en galego”, comentou Víctor Paz. No primeiro número poderase gozar cunha entrevista ao produtor Luis Miñarro e outra á responsable de Gato encerrado, a ferrolá Peque Varela. "

03/02/11

QUINCENA DO COMIC


Os que pasastes esta semana pola biblioteca, veríades que o expositor que rodea a columna situada fronte á porta de entrada está cheo de comics. Sabedes que podedes pedilos para levar para a casa como o resto dos libros, aínda que estean de exposición; de feito, xa os levaron algúns alumnos.
Tedes historias para todos os gustos.
Pero non pensedes que a única finalidade dos comics é a lectura. Comprobádeo na presentación que tedes a continuación.
E se non tedes a oportunidade de ir proximamente a Bruselas, entrade virtualmente no seu extraordinario Museo do Cómic, porque vale a pena.

02/02/11

CERTAME DE CARTAS DE AMOR


Tedes por todo o instituto as bases do

CERTAME DE CARTAS DE AMOR

En canto as teñades, vídeas botar ao
buzón da biblioteca
para que cheguen canto antes ao seu destino.

O prazo de entrega remata o 12 de febreiro.

01/02/11

MARTES POÉTICOS

NUBES
Algunos días juego
a distinguir las nubes y nombrarlas,
a imaginar que siguen
caminos invisibles que recorren
de par en par la tierra.
Esta nube que hoy
en el cielo de Europa se dibuja
no entiende las fronteras y mañana,
en África o América, otros hombres
la mirarán con sed.
Pasajeros de un barco
al que llamamos mundo
sus destinos y el mío son el mismo.
Cada gota de agua los contiene.
Imma Pelegrín

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER