A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


31/05/11

OS MARTES, POESÍA

Eu son a que non tiña nome
a que no sarego esperaba unha palabra
que me fixese unha
entre as cousas
a que perdida na moitedume esculcaba o silencio
eu a ignorada da linguaxe
exiliada do mundo das concretas matérias
que nomeamos arxila
pan maínzo
paxaro
eu anónima presenza cara á morte
eu sílaba sen chama
até que chegaches de pronto e me chamaches
e fun feal
pan ácimo
esquina dunha praza na que sempre agardabas
eu son a que agora posui todos os nomes
a gardadora secreta do alfabeto
a que ti escolliches
despois de longas búsquedas e enquisas
na dirección do vento
para fundar o idioma da ternura.
Pilar Pallarés.

30/05/11

ENQUISAS PROXECTO LECTOR

O pasado mes de abril estiveron abertas para todos unhas enquisas elaboradas polo equipo de biblioteca e destinadas a formar parte do novo PROXECTO LECTOR. Pois ben, aqui tedes os resultados obtidos:

1-enquisa ao
profesorado sobre o uso da biblioteca
2-enquisa aos alumnos sobre hábitos lectores
3- enquisa aos alumnos sobre o uso da biblioteca

Estes resultados serán incorporados como punto de partida á análise do contexto do Proxecto Lector que estamos ultimando estes días.

21/05/11

DÍA MUNDIAL DA DIVERSIDADE CULTURAL PARA O DIÁLOGO E O DESENVOLVEMENTO

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Diversidade Cultural e nós sumámonos a esta iniciativa porque somos conscientes da importacia que ten na educación valorar todas as culturas e dalas a coñecer para facer cidadáns máis tolerantes.
A campaña deste ano da UNESCO e da Alianza de Civilizacións da Nacións Unidas titúlase "Fai un aceno pola diversidade e a inclusión". E iso foi o que estivemos a facer dende a biblioteca durante a semana do 9 ao 13 de maio no noso centro: que os alumnos procedentes doutros países tivesen a oportunidadde de amosarnos a súa riqueza cultural e os demais poder interactuar con eles, porque:
"Los derechos culturales son parte integrante de los derechos humanos, que son universales, indisociables e interdependientes. El desarrollo de una diversidad creativa exige la plena realización de los derechos culturales, tal como los define el Artículo 27 de la Declaración Universal de Derechos Humanos y los Artículos 13 y 15 del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales. Toda persona debe, así, poder expresarse, crear y difundir sus obras en la lengua que desee y en particular en su lengua materna; toda persona tiene derecho a una educación y una formación de calidad que respete plenamente su identidad cultural; toda persona debe poder participar en la vida cultural que elija y ejercer sus propias prácticas culturales, dentro de los límites que impone el respeto de los derechos humanos y de las libertades fundamentales".
Artículo 5 Declaración Universal de la UNESCO sobre la Diversidad Cultural (2001).

18/05/11

LIBROS SALVADOS POLAS BIBES GALEGAS

SALVANDO LIBROS
Que libro salvarías ti?
Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Maio 2011
Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.
Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí
e algunhas das interesantes cousas que fai aqui
e tamén aquí….
Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade
salvandogrande

Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre. A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.

Esta é a escolma de libros que representan aos centros de
Educación Infantil

Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria


Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura.


ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:

17/05/11

OS MARTES, POESÍA. DÍA DAS LETRAS

DECLARACIÓN
Amarte, vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves entremedias
piedade e odio intermitente.
Es ti a que sempre educas e aceleras
a doenza letal dos que non se resignan
a ignorar como es en realidade:
somentes un traxecto
cómodo e aldraxante cara a morte,
un tránsito inútil e innecesario.
Pero a ignorancia salva ós que non queren
arriscarse a perderte tan axiña
a cambio da renuncia a profanarte.
E aqueles dentes que perdín
precisaríaos agora para defender
as conviccións nas que me reafirmo.
Solidario e amable, se é posible,
ou lobo estepario no desterro,
completarei o círculo insurxente
coas balas do desexo.
Poesía última de amor e enfermidade

15/05/11

SEMANA INTERCULTURAL

A continuación tedes o resumo da 2ª parte da SEMANA INTERCULTURAL:
SEMANA INTERCULTURAL on PhotoPeach

GRAZAS A TODOS OS QUE PARTICIPASTES ACTIVAMENTE POLO VOSO TRABALLO E O VOSO ENTUSIASMO.

Movie-Maker de Venezuela

Para que todos poidamos coñecer os países dos que estivemos a falar estes días, imos presentar cada día un. O primeiro foi VENEZUELA.
video

14/05/11

13/05/11

SEMANA INTERCULTURAL

Rematou a voráxine da semana intercultural. Agora temos que organizar e seleccionar todas as fotos que fomos tomando para poñervolas aquí. De momento deixámosvos como anticipo dúas fotos dos dous últimos días: unha da parella de tango e outra do grupo senegalés. Moitas grazas a Leonardo e a Karina que nos deleitaron con dous fermosísimos tangos que poidemos presenciar en riguroso directo, e á ONG Ecodesarrollo Gaia por emocionarnos cos ritmos africanos que nos fixeron bailar.


11/05/11

Seguimos coa semana intercultural



Se nos paramos a pensar, hai que ver cánto estamos aprendendo estes días grazas á interculturalidade. Hoxe tocoulle o turno a BRASIL, qué fermosura de país, e qué fala tan linda! Lembramos o horario das actividades de mañá xoves e do venres, xa que de novo houbo algún cambio de última hora.Xoves 12
10.30/11.20 - Croacia e Uruguai12.10/12.30 - merengue (no patio central)
13.20 - Tango arxentino (no patio central)
Venres 13
11.20/12.10 - Música de África (no salón de actos)
12.30/13.20 - Armenia e República Dominicana
Como vén sendo habitual estes días, e dado que na biblioteca cabe pouca xente, (non máis de 65), teñen preferencia os cursos onde hai alumnos dos países que lles toque ese día e a esa hora. Nalgún caso caben máis grupos. Sería conveniente que botarades unha ollada ao taboleiro da sala de profesores onde figuran os grupos que participan e se hai cabida ou non. GRAZAS A TODOS POLA COLABORACIÓN.

10/05/11

A INTERCULTURALIDADE INVADE O INSTITUTO

Estes días o patio está decorado coas bandeiras dos países dos nosos alumnos, cun templo maia construído nas clases de tecnoloxía, cunha exposición de paneis informativos sobre os países e unha exposición permanente de libros prestados polas bibliotecas públicas coas que o noso centro vén traballando (AVISO: os libros son para que os miredes e logo os pidades en préstamo na biblioteca a partir do día 18 de maio).
Onte tivemos actos relacionados con VENEZUELA e COLOMBIA. Hoxe tocoulle o turno a ESTADOS UNIDOS. Mañá vén BRASIL e no recreo un merengue. O horario tédelo no taboleiro da entrada á biblioteca e no da sala de profesores, ademais puxémolo onte nunha entrada neste blog. Como houbo cambios, poñémolo de novo hoxe aqui:

Luns 9:
1º recreo: "Toda a terra é dos homes" - Rosalía
11.20/12.10 -
COLOMBIA e VENEZUELA13.20/14.10 - COLOMBIA e VENEZUELAMartes 10:
9.20/10.10 -
EE-UU10.30/11.20 - EE-UUMércores 11
1º recreo: 10.10 - merengue
11.20/12.10 - Brasil
12.30/13.20 -
BrasilXoves 12 10.30/11.20 - Arxentina e Croacia
12.30/13.20 - Uruguai
13.20 - Tango arxentino
Venres 13
11.20/12.10 - Música de África (no salón de actos)12.30/13.20 - Armenia e República Dominicana
Terán preferencia para asistir a estes actos os grupos nos que haxa alumnos do país en cuestión. Para asistir cómpre anotarse no horario posto ao efecto no taboleiro de biblioteca habilitado na sala de profesores.

04/05/11

SEMANA INTERCULTURAL

Hoxe comeza a Semana Intercultural no Rafael Dieste. Aqui tedes o horario para que poidades planificar a qué actividade queredes ir

Luns 9:

1º recreo: "Toda a terra é dos homes" - Rosalía

11.20/12.10 -
COLOMBIA e VENEZUELA
13.20/14.10 -
COLOMBIA e VENEZUELAMartes 10:

9.20/10.10 -
EE-UU
1º recreo: merengue

10.30/11.20 -
EE-UUMércores 11
9.20/10.10 -
Armenia e República Dominicana
12.30/13.20 -
BrasilXoves 12 10.30/11.20 - Arxentina e Croacia

12.30/13.20 - Uruguai

13.20 - Tango arxentino
Venres 13
9.20/10.10 - ÁFRICA

11.20/12.10 - Música de África

12.30/13.20 - Acto XAPÓN+ Acto Rosalía

Terán preferencia para asistir a estes actos os grupos nos que haxa alumnos do país en cuestión. Para anotarse é necesario anotarse no horario posto ao efecto no taboleiro de biblioteca habilitado na sala de profesores.

03/05/11

OS NOSOS LIBROS SALVADOS

Así quedou o resultado das enquisas que fixemos a semana pasada: Os máis pequenos decidistes por maioría salvar
Cartas de amor
de Fran Alonso e os maiores Follas Novas de Rosalía de Castro.

Agora ide practicando nos textos a ver quen os sabe dicir mellor o día da celebración das Letras Galegas.

OS MARTES, POESÍA


Vinicius De Moraes, músico excelso, icono da música brasileira, poeta, periodista, diplomático... naceu n'A Gavea, Brasil. Con 14 años compón o seu primeiro tema, pero deixa a música ata 1952. Acaba a carreira de dereito (que nunca exerceu), traballa de periodista, edita o seu primeiro libro de poemas, marcha a Oxford a estudar poesía e, ao comezar a Segunda Guerra Mundial, retorna a Brasil e é nomeado vicecónsul e destinado a Los Ángeles, ata que retorna á súa terra como periodista. Volve a compoñer, e destínano á embaixada de Brasil en París onde vivirá tres anos. A súa colaboración con Antonio Carlos Jobim para levar Orfeu Negro ao cine será o comezo dun periodo fundamental para a música brasileira. Vinicius e Jobim compoñen a inmortal Garota de Ipanema, e comeza un periodo no que vivirá para a música e a poesía, grazas ás que tamén coñece a Antonio Pecci Filho, Toquinho, cuxa relación a nivel profesional e de amizade durará ata a súa morte.
TERNURA
Eu te peço perdão por te amar de repente
Embora o meu amor seja uma velha canção nos teus ouvidos
Das horas que passei à sombra dos teus gestos
Bebendo em tua boca o perfume dos sorrisos
Das noites que vivi acalentado
Pela graça indizível dos teus passos eternamente fugindo
Trago a doçura dos que aceitam melancolicamente.
E posso te dizer que o grande afeto que te deixo
Não traz o exaspero das lágrimas nem a fascinação das promessas
Nem as misteriosas palavras dos véus da alma...
É um sossego, uma unção, um transbordamento de carícias
E só te pede que te repouses quieta, muito quieta
E deixes que as mãos cálidas da noite encontrem sem fatalidade o olhar extático da aurora.
Vinicius de Moraes
A continuación tedes unha actuación na que están os tres xuntos:

01/05/11

ADIOS A ERNESTO SÁBATO


O escritor arxentino Ernesto Sábato, un dos grandes da literatura latinoamericana morreu onte na súa casa, perto de B. Aires, cando estaba a piques de cumprir os cen anos. Autor de obras tan relevantes como El túnel, Sobre héroes y tumbas ou Abaddón el exterminador, recibiu o Premio Cervantes en 1984.
Pero Sábato non pasa á posteridade só por ser un gran escritor da literatura arxentina senón tamén por ser un loitador polas liberdades e os dereitos humanos nun país que pasou varios anos oprimido por ditaduras sanguinarias. O seu Informe Sábato fixo posible que puidera ser procesado Videla e os máximos responsables das xuntas militares da ditadura.
Lede este fragmento de Sobre héroes y tumbas na súa homenaxe.
"Y como Martín le preguntó si entre dos seres que se quieren no debe ser todo nítido, todo transparente y edificado sobre la verdad, Bruno respondió que la verdad no se puede decir casi nunca cuando se trata de seres humanos, puesto que sólo sirve para producir dolor, tristeza y destrucción. [...]
—Entonces hay que mentir—adujo Martín con amargura.
—Digo que no siempre se puede decir la verdad. En rigor, casi nunca.
—¿Mentiras por omisión?
—Algo de eso —replicó Bruno, observándolo de costado, temeroso de herirlo.
—Así que no cree la verdad.
—Creo que la verdad está bien en las matemáticas, en la química, en la filosofía. No en la vida. En la vida es más importante la ilusión, la imaginación, el deseo, la esperanza. Además ¿sabemos acaso lo que es la verdad? Si yo le digo que aquel trozo de ventana es azul, digo una verdad. Pero es una verdad parcial, y por lo tanto una especie de mentira. Porque ese trozo de ventana no está solo, está en una casa, en una ciudad, en un paisaje. Está rodeado del gris de ese muro de cemento, del azul claro de este cielo, de aquellas nubes alargadas, de infinitas cosas más. Y si no digo todo, absolutamente todo, estoy mintiendo. Pero decir todo es imposible, aun en este caso de la ventana, de un simple trozo de la realidad física, de la simple realidad física. La realidad es infinita y además infinitamente matizada, y si me olvido de un solo matiz ya estoy mintiendo. Ahora, imagínese lo que es la realidad de los seres humanos, con sus complicaciones y recovecos, contradicciones y además cambiantes. Porque cambia a cada instante que pasa, y lo que éramos hace un momento no lo somos más. ¿Somos, acaso, siempre la misma persona? ¿Tenemos, acaso, siempre los mismos sentimientos? Se puede querer a alguien y de pronto desestimarlo y hasta detestarlo. Y si cuando lo desestimamos cometemos el error de decírselo, eso es una verdad, pero una verdad momentánea, que no será más verdad dentro de una hora o al otro día, o en otras circunstancias. Y en cambio el ser a quien se la decimos creerá que ésa es la verdad, la verdad para siempre y desde siempre. Y se hundirá en la desesperación. "

ETIQUETAS

a lingua (25) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (119) actualidade (41) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (52) baile (4) bibliotecas (73) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (4) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (27) compromiso (83) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (82) efemérides (171) encontros con escritores (14) enlaces (251) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (6) Galicia (42) Gastronomía (1) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (40) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (53) LIBROS (148) LibrosVivintes (3) linguas estranxeiras (8) literatura (87) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (44) MUSE (1) música (50) narrativa (40) natureza (2) Nobel (4) noticias (39) obituario (24) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (44) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (123) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (7) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER