Premede na imaxe para entrar na páxina do congreso
Que o tempo é unha maquinaria que non se detén todos o sabemos e iso afecta incluso a Peter pan que xa é centenario: o 27 de decembro de 1904 representábase por primeira vez en Londres a obra de James Matthew Barrie "Peter Pan, o neno que non quería medrar" , que posteriormente daría lugar á novela "Peter Pan e Wendy" publicada no ano 1911. Precisamente para celebrar este acontecemento a Facultade de Filoloxía da Universidade Complutense de Madrid vai celebrar un congreso o 14 e o 15 de marzo titulado "Cien años de Peter y Wendy"-
Un bo momento para achegarse unha vez máis ao país de Nunca Xamais e revivir as aventuras duns personaxes inesquecibles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario