Nun artigo aparecido hai uns días en El País, titulado Dos Españas, a escritora Elvira Lindo fálanos de dúas mulleres que entenden a vida dunha forma moi diferente. Unha é unha muller científica que donou os cartos dun premio que lle concederan para o seu laboratorio. A outra é unha muller executiva que se adxudicou unha cantidade desorbitante primeiro como soldo e logo como pensión vitalicia.
Sirva o exemplo destes dous casos para reflexionar na necesidade de educar en valores ás novas xeracións, máxime na actual situación que estamos a vivir na que prima o "sálvese quen poida"
Ningún comentario:
Publicar un comentario