18/10/11

SUXESTIÓN DE LECTURA

Non hai noite tan longa conta a historia de Gabriel, un home que marchou da súa aldea hai máis de trinta anos presionado pola situación que estaba a vivir a súa familia e decidido a non volver nunca máis. A morte da súa nai anulará esa decisión e será o punto de partida para poñerse a ben consigo mesmo e redimir a familia dunha culpa que nunca tivo.

De estrutura sinxela, Non hai noite tan longa consta dun inicio ou presentación na que atopamos ao protagonista de novo na súa aldea temeroso de se enfrontar co seu pasado, percorrendo a casa na que vivira coa súa familia, onde ten un estraño encontro que desencadeará un cambio dos acontecementos; unha historia dividida en tres partes, precedidas cada unha delas por unha cita que nos aporta unha información fundamental sobre o contido da mesma e un final no que o protagonista volve ao punto de partida e se despide.

A culpa, a vinganza, a xustiza, a liberación, a ansia, o amor, a morte, a esperanza son algúns dos temas desta novela que constitúe unha ollada crítica sobre a sociedade galega en dous momentos da súa historia: os últimos anos da ditadura e os primeiros anos do século XXI.

SE NON PASADES AXIÑA POLA BILBIOTECA A COLLER UN EXEMPLAR TEREDES QUE POÑERVOS Á COLA





Ningún comentario:

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER