27/09/12

Rockola Clásica

Non me puiden resistir a compartir con todos esta páxina na que se poden escoitar cancións subtituladas ao latín. Cando menos curioso, non si?
Elixin esta canción de Barbra Streisand para que a disfrutedes. Espero que vos guste.

25/09/12

CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Este ano cúmplense cen anos do nacemento do escritor galego C.E. Ferreiro (Celanova 1912-Vigo 1979). Para render homenaxe ao autor de "Longa noite de pedra", aqui vos deixamos este libro que seguro será do voso gusto e que dentro duns días xa poderedes disfrutar na biblioteca.
 
















Animádesvos a celebrar O MES DE C.E.FERREIRO na biblioteca? Pois ide pensando actividades.

19/09/12

Debate

Que tal un debate para comezar o curso? Que vos parecen os 10 propósitos deste profesor? Sería bo que cada un de nós escribísemos os nosos propósitos para este curso?


14/09/12

DE NOVO XUNTOS

Un novo curso comeza e, ainda que sentimos preguiza de comezar, seguro que se nos pasa cando esteamos todos xuntos e nos poñamos a traballar. Aqui estamos para servir de apoio ás clases e ás actividades relacionadas coa lectura e o proxecto lector.
Os profesores levamos xa uns días planificando o curso, e grazas a iso xa podemos anunciar que o tema deste curso para o proxecto anual do centro será "O noso patrimonio artístico". Xa está en poder dos departamentos un borrador que os profesores deberán discutir e incorporar ás programacións das distintas materias. Xa sabedes que o proxecto anual, que se encadra dentro do proxecto lector e que levamos desenvolvendo dende hai tres anos, desemboca nunha SEMANA CULTURAL a finais de abril con actividades diversas no patio central, na biblioteca e no salón de actos.
Tamén estamos a tratar as lecturas e os horarios d´A HORA DE LER que esperemos poidamos comezar no mes de outubro.
Estes días informaremos sobre a data de inicio do club de lectura e buscaremos alumnos de ESO para que se incorporen ás tarefas de COLABORADORES DA BIBLIOTECA, xa que necesitamos renovar tres que, por diferentes motivos, non poden seguir con nós.

PREPARADOS...LISTOS....BENVIDOS AO CURSO 2012-2013!



ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER