A novela de Agustín Fernández Paz Cartas de inverno acaba de ser pasada a banda deseñada por ANTONIO SEIJAS. Celebramos poder ter esta obra en dous xéneros tan diferentes. Según comenta o propio Fernández Paz:
“Este Cartas de inverno de Antonio Seijas recolle a historia, os personaxes e os ambientes que creei no seu día, comezando pola omnipresente mansión onde todo sucede. Trátase da mesma historia, narrada a través da linguaxe do cómic e a través doutra mirada. A capacidade de suxerir que teñen as palabras trasládase aquí ás elipses narrativas. A tensión creada coas palabras trasládase ás imaxes e á montaxe das viñetas. Os estados de ánimo atopan a súa correspondencia na paleta de cores utilizada polo autor. Todas as pezas encaixan para conformaren unha obra con valor de seu. De aí que declare a miña alegría ante a publicación destas novas Cartas de inverno.”
O noso propósito é que ao longo deste mes de xaneiro poida estar a disposición de todos os usuarios da nosa biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario