Fai uns días falábamos do primeiro Día Internacional das Nenas promovido polas Nacións Unidas. Dous días antes, o pasado martes 9 de outubro, a xoven activista paquistaní de 14 anos, Malala Yousafzai foi tiroteada por insurxentes talibáns, na zona de Swat, no norte do país, precisamente por defender a educación femenina e cando regresaba á súa casa no transporte escolar.
Malala adquiriu notoriedade fai tres anos ao coñecerse a súa identidade por medio dun blog para a BBC en hindú no que, durante meses, explicou as atrocidades cometidas polos talibáns para prohibir a educación ás nenas nas zonas baixo o seu control.
Nun primeiro momento, foi atendida das feridas nun hospital de Peshawar e logo trasladada ao Reino Unido para continuar a recuperación nun centro especializado para nenos con lesións graves. O que esperamos é que se recupere completamente e non se convirta nunha mártir pola educación das nenas. Ánimo, Malala!
Está é Malala nun video de fai un ano:
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
Ningún comentario:
Publicar un comentario