20/04/10

OS MARTES, POESÍA

As illas Cíes na Ría de Vigo

A nosa lembranza é hoxe para Xohana Torres, unha extraordinaria poeta nacida en Santiago en 1931 e residente na actualidade en Vigo. Adscrita á xeración dos 50, deuse a coñecer no ano 1955 ao recibir o premio de poesía da Asociación da Prensa de Vigo.

Xohana Torres, numeraria da RAG, non ten unha obra moi extensa, pero si intensa. O seu primeiro libro Do sulco foi publicado en 1957 na colección Illa Nova de Galaxia. Moitos anos despois publica Estacións ao mar (1980), Premio da Crítica Española e Tempo de ría (1992). No ano 2004 saíu unha edición que recopila toda a súa poesía co título de Poesía completa (1957-2001).

Xohana Torres é tamén autora dunha novela titulada Adiós María (1971) Premio Galicia do Centro Galego de B. Aires, que se inscribe na etapa da Nova Narrativa Galega, e dúas obras teatrais: A outra banda do Iberr (1965) e Un hotel de primeira sobre o río (1969). Ademais escribe literatura infantil e ensaio, fai traducións e colabora en diferentes revistas literarias.

Eliximos para lembrala o poema Penélope no que a mítica personaxe da Odisea se rebela contra o seu destino e berra: "EU TAMÉN NAVEGAR", verso que a autora utilizará tamén como título do seu discurso de entrada na RAG.

DECLARA o oráculo:

"QUE á banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.

QUE ramos de loureiro erguen rapazas,
QUE cor malva se decide o acio.

QUE acades disas patrias a vendima
QUE amaine o vento, beberás o viño.

QUE sereas sen voz a vela embaten
QUE un sumario de xerfa polos cons".

Así falou Penélope:

"Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?

EU TAMÉN NAVEGAR."

Ningún comentario:

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER