Como xa adiantamos nunha entrada anterior, esta semana dedicámola a recitar poemas de Rosalía de Castro para celebrar os 150 anos de Cantares Gallegos. Ésta é a presentación que preparamos coas vosas recitacións...quedou ben, non si? A verdade é que cada vez o facedes mellor e nótasevos máis soltos na lectura en voz alta. NORABOA a todos os que participastes, e aos que non...xa vos chegará a hora.
Se queredes vela cos vosos compañeiros faremos dous pases na biblioteca: mércores 6 e xoves 7 de marzo no segundo recreo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario