Hai uns días celebrouse no noso centro o XII CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA no que participamos xunto ao Colexio Liceo La Paz, o IES Monelos e o Colexio Calasancias, todos eles da cidade. Na categoría de 3º de ESO resultou gañador o noso alumno JOSÉ JUAN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ de 3ºA, a quen queremos felicitar moi especialmente pola súa brillante participación. Na categoría de 4º de ESO acadou o segundo lugar a nosa alumna de 4ºB CARMEN RODRÍGUEZ GÓMEZ que loitou por gañar ata o final (houbo que facer tres desempates).
NORABOA A TODOS OS QUE PARTICIPASTES!
Ningún comentario:
Publicar un comentario