23/09/13

YERMA NA CORUÑA



O teatro Colón da Coruña vibrou ata os alicerces esta fin de semana coa representación de Yerma, unha desas obras que se actualiza con cada representación e que sempre desexas volver a ver outra vez.
Estreada por primeira vez o 29 de decembro de 1934 no Teatro Español de Madrid protagonizada por Margarita Xirgu, Yerma, a muller que desexa ser nai por enriba de todas as cousas e está condenada non só a non conseguilo senón tamén a ser vítima do machismo do seu home, foi representada centos de veces. Lorca pon aquí de relevo o máis primitivo das paixóns humanas botando man das esencias máis profundas da súa Andalucía natal. E á mestría de Lorca para mesturar o universal co local, o culto co popular, a lírica coa prosa, coa fin de chegar a todos, únese neste caso a do director Miguel Narros para captar o mundo lorquiano e facérnolo chegar o máis puro posible, sen manipulacións.
A Yerma de Miguel Narros é unha obra coral, como a concebiu Lorca, na que a protagonista sae reforzada co protagonismo que adquiren os personaxes secundarios, pezas clave para comprender en toda a súa amplitude o drama que está a vivir a protagonista principal. Como a de Lorca, a Yerma de Miguel Narros é unha obra sobria e austera, porque como el mesmo deixou dito, quixo volver " á esencia da obra: o drama dunha muller que cre que naceu fértil e non consegue ser nai. E tamén o drama da terra na que vive, na Andalucía máis árida, mal repartida e mal cultivada, que ten que soportar longos periodos de sequía."
En Yerma a simboloxía adquire unha importancia fundamental, e iso ponse de relevo a través da palabra, pero tamén da escenografía, da posta en escena, da luz...: os contrastes entre as escenas interiores escuras, estáticas e opresivas e as exteriores luminosas, dinámicas e alegres, ata a escena final, na que tamén o exterior se contamina da traxedia de Yerma; a brancura das sabas das lavandeiras fronte ao negro das roupas das cuñadas de Yerma; a presenza da auga, símbolo de fertilidade, imperceptible ao comezo para os espectadores, agochada na acequia construída no piso do escenario, que vai tomando protagonismo in crescendo ata facerse dona do escenario dun xeito espectacular no mesmo momento en que o desexo de Yerma de ser nai comeza a ser loucura; a presenza do telúrico, o lume da paixón, o aire da liberdade... E todo envolto na música de Enrique Morente e a voz da súa filla Estrella.
Poucas veces unha Yerma foi tan lorquiana: as palabras, a escenografía, a musica, o saber dicir dos actores e actrices... EXCEPCIONAL, MARABILLOSA!  

Ningún comentario:

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER