O pasado mércores 26 os alumnos de Grego asistimos en Lugo a escenificación dunha traxedia e unha comedia grega: "As troianas" de Eurípides e "As asambleistas" de Aristófanes. Entre unha e outra obra quedou tempo para visitar o "Centro de conservación da muralla" e a "Casa dos Mosaicos", así como para pasear baixo a choiva polo adarve da muralla, admirando e coñecendo de primeira man as pegadas da romanización en Gallaecia.
As asambleistas de ARISTÓFANES |
Ningún comentario:
Publicar un comentario