O vindeiro venres teremos o primeiro simulacro de emerxencia que facemos no noso instituto para estar entrenados ante unha posible situación de emerxencia que poida darse.
Aquí vai un resume das regras básicas que debemos ter en conta cando o sinal de emerxencia sone estando na aula.
1- EVACUACIÓN DO ALUMNADO.
- O/a profesor/a ou persoa encargada do grupo contará a todos os alumnos que estén na aula.
- Cerrade todas as ventás e portas antes de sair.
- A saída do edificio ata o Punto de Encontro farase en orde e en silencio, para que as instruccións do equipo de evacuación poidan escoitarse claramente.
- O/a profesor/a ou persoa encargada liderará o grupo e o delegado de clase irá de último.
- Deixarase unha folla de papel entre a porta e o marco para sinalar que a aula foi evacuada completamente.
- Baixo ningún concepto se deberá regresar a recoller ningún obxecto durante a evacuación.
2- EVACUAR POLA RUTA MÁIS SEGURA EN CALMA E EN SILENCIO.
- Nunca volver atrás.
- Camiñar rápido, sen correr.
- Non gritar.
3- EVACUAR EN ORDE NUNHA ÚNICA FILA PEGADA Á PAREDE.
- Esperade a que o piso inferior estea completamente evacuado.
- Cada profesor/a deberá levar aos seus alumno/as silenciosamente en orde ata a saída máis cercana seguindo os sinais de evacuación.
4- IDE AO PUNTO DE ENCONTRO.
- Unha vez fora do edificio, non rompades a fila antes de chegar ao Punto de Encontro.
- O Punto de Encontro está na pista deportiva. O alumnado que proceda das clases de Tecnoloxía ou do Ximnasio reuniranse no xardín posterior a carón da pista deportiva (preto do edificio da UNED).
5- UNHA VEZ NO PUNTO DE ENCONTRO, O ALUMNADO DEBERÁ PERMANECER NUNHA FILA POR GRUPOS DE CLASE.
- Cada grupo de clase volverá a ser contado.
- Calquera ausencia deberá notificarse inmediatamente.
6- TODOS DEBERÁN ESPERAR INSTRUCCIÓNS ANTES DE VOLVER A ENTRAR AO EDIFICIO.
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
Ningún comentario:
Publicar un comentario