Unha alumna explica as súas tarefas como colaboradora |
Onte mércores 24 de febrero, dous profesores e cinco alumnos colaboradores do equipo de biblioteca fomos dar unha charla ao IES Eusebio da Garda sobre o funcionamento da nosa biblioteca en relación á “formación de usuarios”. A experiencia foi moi satisfactoria e demostra que o traballo que facemos a diario vai dando o seu froito e xa temos cousas que contarlles ás bibliotecas que comezan agora o seu camiño de renovación. Noraboa a todos polo traballo ben feito e, sobre todo, pola dedicación. Isto é obra de todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario