Máis premios para o noso alumnado!
Queremos dar a noraboa á nosa alumna de 2ºESO-A, Candela Fernández Mellid, gañadora do primeiro premio do Concurso Coca-Cola de Xoves Talentos de Relato Curto en Galicia no sector de A Coruña. Máis de 500 estudantes de toda Galicia participaron na 56ª edición deste certame literario. A gala de entrega de premios celebrouse o pasado venres 27 de maio na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (como podede ver na foto do xornal "La Voz de Galicia") Os 17 gañadores galegos asistirán a unha gala nacional de entrega de premios que se celebrará na Real Academia Galega e tamén participarán dunha viaxe cultural e de ocio pola cidade de Madrid, coñecendo a importantes escritores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario