Mural feito polo alumnado de Debuxo de 1ºESO do noso instituto nas clases da profesora Isabel Viñuela
¿Por qué este Día internacional?
Debido a que:
- A violencia contra da mujer é unha violación dos dereitos humáns.
- A violencia contra da muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto nas leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
- A violencia contra da mujer afecta e impide o avance en moitas áreas, incluidas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
- A violencia contra das mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
- A violencia contra da muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.
Unha das principais dificultades para previr e poñer fin á violencia contra das mulleres e as nenas en todo o mundo é a marcada insuficiencia de fondos, que determina que os recursos para estas iniciativas sexan sumamente escasos. Existen marcos moi promisorios, como os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que inclúen a meta específica de poñer fin á violencia contra das mulleres e as nenas; non obstante, requiren un financiamento suficiente para producir cambios concretos e significativos na vida das mulleres e as niñas.
Desde o 25 de novembro ao 10 de dicembro, Día dos Dereitos Humáns, a campaña 16 días de activismo contra da violencia de xénero ten por obxectivo sensibilizar e movilizar ao público en todo o mundo para conseguir un cambio. Este ano, a campaña do Secretario Xeral ÚNETE para poñer fin á violencia contra da Muller invita a «pintar o mundo de naranxa», usando así o color elexido por esta campaña como símbolo dun futuro máis brillante sen violencia.
[Traducido da páxina web das Nacións Unidas]
Ningún comentario:
Publicar un comentario