Mañá, antes de irnos de vacacións, teremos no instituto para o alumnado de 1º e 2º da ESO unha sesión de contacontos bilingües en galego e inglés. Charo Pita e unha vella coñecida do noso centro, donde xa estivo en varias ocasións, ela encárgase das versións galegas. Ainda que esta vez cambia de parella... en lugar de Tim Bowley, virá con Sophie Heydel, unha británica que contará a versión en inglés. Nas outras ocasións pasámolo moi ben, por iso repetimos e esperamos que o disfrutedes.
Versión en inglés @ ClickOnEnglish.
Versión en inglés @ ClickOnEnglish.
Ningún comentario:
Publicar un comentario