O novelista gráfico estadounidense Jeffrey Brown acerca aos rapaces á vida dos cavernícolas cunha linguaxe actual nun cómic con base científica que ven de publicarse na súa versión en castelán "Lucy y Andy Neandertal". Nos Estados Unidos este cómic foi considerado o mellor libro para nenos no 2016 pola biblioteca pública de Nova York e seleccionado como o mellor libro para lectores xoves pola American Bookseller Association. Dende logo, é unha divertida maneira de aprender sobre os nosos antepasados máis remotos.
+ info: [El País]
Ningún comentario:
Publicar un comentario