Representación de "O banquete de Trimalción" polo alumnado de 1º
e 2º BAC de Música, Latín e Lingua Galega. Este banquete foi descrito por
Petronio na súa novela o Satiricon,
como sátira dos banquetes que celebraban as clases pudientes en Roma.
Nun banquete romano
reuníase un gran número de persoas e constituían un motivo de celebración, ou,
como nesta representación, motivo para presumir ou alardear das súas posesións
o anfitrión que o organizaba. Tratábanse de suntuosos banquetes nos que se
degustaban grandes manxares da época, como xabaril, recoiro, garum, higos ou
dátiles.
Amenizábanse con actividades de entretemento, con bailaríns,
acróbatas, músicos e cantores. Durante a comida os comensais falaban de
diversos temas, como a filosofía. Nos banquetes romanos seguíanse unha serie de
rituais e prolongábanse ata o amencer.
Videos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario